Portos de Galicia instala un novo pantalán de Camposancos, na Guarda

A instalación englóbase no proxecto europeo Ecodestin, no que o ente público participa xunto co norte de Portugal
Publicado por o día 25/08/2020 na sección de A Guarda,Galicia,Xunta de Galicia

Portos de Galicia instala un novo pantalán de Camposancos, na Guarda

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de instalar un novo pantalán na zona portuaria de Camposancos, no municipio pontevedrés da Guarda. Esta instalación conta cun investimento de preto de 50.000 euros.

O novo pantalán entrará en servizo proximamente e Portos de Galicia coordinará a compatibilidade dos usos desta instalación, incluída no Programa Interreg V-A España-Portugal 2014-2020 Ecodestin, que pretende valorizar o territorio a través do fomento e desenvolvemento do amplo valor do patrimonio natural e cultural vinculado coas rías, ríos e costa, integrando ademais deporte e formación.

O novo pantalán conta con 12 metros de longo e ten acceso desde a pasarela do peirao. Dispón de porta de acceso restrinxido que será controlada mediante un dispositivo electrónico que quedará instalado nos vindeiros días para a entrada en servizo da estrutura.

Comentar noticia

Your email address will not be published.