Portugal conquista a primeira Liga das Nacións

Portugal venceu, este domingo, a Holanda no Estadio do Dragón e conquistou a primeira Liga das Nacións. Gonçalo Guedes foi o autor do gol que valeu o título a Portugal.
Publicado por o día 09/06/2019 na sección de Deportes,Fútbol,Portugal

Portugal conquista a primeira Liga das Nacións
Portugal venceu, este domingo, a Holanda no Estadio do Dragón e conquistou a primeira Liga das Nacións. Gonçalo Guedes foi o autor do gol que valeu o título a Portugal.
 
Tras a chegada de Cristiano Ronaldo á selección, Portugal conseguiu chegar a tres finais. Antes, o mellor que o equipo das quinas conseguira foron tres medias-finais en grandes competicións. A pesar dos números de CR7 xa non enganaren ninguén, o crac portugués nunca conseguiu marcar nas grandes decisións. Este domingo, xogou os 90 minutos mais volveu a non marcar e o heroe foi outro: Gonçalo Guedes.
 

Con tres alteracións en relación ao once que enfrentou a Suiza – Gonçalo Guedes, Danilo e Fonte renderam João Félix, Rúben Neves e Pepe – e coas bancadas cheas – nin a familia de Ronaldo faltou -, Portugal venceu a Holanda no Estadio do Dragón e mantivo o bo rexistro fronte á laranxa mecánica. En fases finais, a selección das quinas vencera os tres xogos a eliminar e, este domingo, ficou coa primeira Liga das Nacións.


 
O primeiro sinal de perigo xurdiu aos 31 minutos. Tras un centro da esquerda, Cristiano Ronaldo cabeceou ao lado e, pouco despois, foi a vez de Bruno Fernandes rematar por cima da barra. O dominio portugués continuou na segunda metade, aínda que a Holanda asustase aos 52 minutos, por Wjnaldum​, que xurdiu illado na cara de Patrício​​​​​​. O equipo de Fernando Santos foi mellor taticamente e o gol acabou por chegar aos 60 minutos.
 
Gonçalo Guedes recibiu na entrada da área un pase de Bernardo Silva, na esquerda, e lanzou forte xunto ao poste. Cillessen aínda tocou na bóla, mais non conseguiu evitar o gol que daría o titulo a Portugal.

Comentar noticia

Your email address will not be published.