Posada: “A representación territorial debe ser máis real no Senado”.

A avogada e cabeza de lista de Cidadáns por Pontevedra ao Senado asegura que a modernización da Cámara é unha necesidade imperante.
Publicado por o día 05/11/2019 na sección de Ciudadanos,Política

Posada: “A representación territorial debe ser máis real no Senado”.

“A representación territorial debe ser máis real no Senado”, asegurou a avogada e cabeza de lista laranxa por Pontevedra ao Senado, Elena Posada, durante un almorzo de traballo celebrado na sede de Cs Pontevedra co concelleiro de Cidadáns no Concello da cidade, e número dous da lista ao Senado, Goyo Revenga e o membro da executiva local, e número tres ao senado, Luís Miguel Lamas.
 
Posada asegura que a modernización da Cámara Alta é unha necesidade imperante para que poida levar a cabo funciones que lle encomenda a Constitución e que, neste sentido, o programa de Cidadáns prioriza que as CCAA participen de maneira efectiva no goberno: “Avogamos pola creación dun Consello de Presidentes das Comunidades Autónomas e das Cidades Autónomas de Ceuta e Melilla e pola supresión das deputacións, fusionando municipios para que poidan prestar servizos sustentables”, engadiu.
 
Pola súa banda, Goyo Revenga asegurou que se trata de propostas viables e “de sentido común” que axudarían a adelgazar a administración e administrar eficientemente o diñeiro dos contribuíntes. Ademais, contribuirían a unha maior interrelación e coñecemento mutuo da cidadanía de distintos territorios, grazas á conexión directa entre os seus presidentes comunitarios, o que xeraría un “clima de maior empatía e confianza entre as distintas zonas e culturas que conforman o noso país”.
 
Luís Miguel Lamas lembrou que” Cidadáns defende a adecuación das leis aos tempos actuais” e por iso, o Senado, ha de ser actualizado para ser un “órgano útil” que conecte coa xente nunha contorna Constitucionalista.
 
“A nosa proposta é, basicamente, modernizar a Cámara Alta, debido a que se converteu nun reduto ineficaz da vella política”, concluíu Elena Posada.

Comentar noticia

Your email address will not be published.