Posible atropelo en Viveiro

Publicado por o día 04/10/2018 na sección de Sucesos

Posible atropelo en Viveiro

Viveiro, outra muller foi localizada inconsciente na rúa. As forzas de seguridade locais e da Garda Civil de Tráfico tratan de aclarar se a persoa puido ser atropelada por un vehículo á altura da gasolineira de Magazos.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o suceso puido producirse arredor das nove da noite de onte, cando a muller foi localizada tendida na vía, pero sen rastro de ningún vehículo. Así, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, solicitouse a intervención da Policía Local e Garda Civil co fin de determinar as circunstancias que rodearon este suceso.