Posicionamento do Bng ante o debate sobre a cidade deportiva do Celta

Por o 12/07/2018 | Sección: BNG,Galicia,Política,Vigo
  Posicionamento do Bng ante o debate sobre a cidade deportiva do Celta

Para   BNG, o Celta é unha empresa privada máis que quere trasladar a súa  cidade deportiva dende o concello de Vigo ao de Mos, como moitas empresa que xa o fixeron antes e outras que o farán máis adiante.

Cal é a diferencia deste traslado con relación ao de outras empresas si xa se ten feito en máis dunha ocasión?.  A diferencia é que non se traslada a zonas habilitadas para elo (polígonos, etc.), por que se así fose non habería ningún tipo de problema.                    .

O problema ven, porque ademais da cidade deportiva,, ven un centro comercial e onde se quere instalar non está destinada para usos terciarios no PXOU  aprobado recentemente neste concello ( aprobado co voto en contra do BNG ), por iso, ante a petición do Celta de instalarse nos montes comunais de Pereiras e  Tameiga , no pleno de xaneiro do 2018 pedimos por parte do  BNG un informe externo ao concello, que complementado co informe interno da secretaria do concello , aseguraríanos a legalidade deste proceso. A petición do BNG foi aprobada por  unanimidade e dito informe xa foi encargado. Mentres non se confirme o contrario, consideramos que esa modificación do plan está dentro da legalidade.

Nada máis coñecer a existencia do proxecto do Celta,  o BNG  comezou unha  rolda de reunións cas Comunidades de Montes é Augas afectadas, sendo os primeiros en darlle a pouca información que tiñamos naquel intre e poñéndonos a súa disposición para o que precisaran, tamén tivemos reunións coa  Alcaldía e máis coa empresa Celta  SAD., xa que desde esta organización entendemos imprescindible escoitar a tódalas partes implicadas.

En todas as reunións que tivemos e nos preguntaron cal era a nosa postura con  relación a esta cuestión, sempre dixemos o mesmo, primeiro que falaran os axentes directamente implicados, quedando ao marxe os partidos políticos para non interferir, pero sempre expectantes para que non se pasara por riba dos intereses veciñais.

E cando rematase este proceso, e tras recoller a información das comunidades, teríamos unha asamblea no BNG de Mos onde votaríamos que postura tomar tendo en conta tamén que como organización política temos que valorar a incidencia do proxecto no conxunto do concello. Aínda  que ante o que a nosa militancia nos transmite, vemos case imposíbel que poidamos apoiar o proxecto.

Dende o BNG de Mos,  temos que expresar que non compartimos que as Comunidades de Augas de Tameiga non queiran falar coa empresa Celta, xa que o feito  de falar non implica aceptación de nada, e na nosa opinión, ese non querer falar pode supoñer o non auxilio que a Conca Hidrográfica  Miño-Sil debe exercer ante ditas comunidades. Sempre hai que esgotar os pasos legais que nun futuro poden inclinar a balanza se chegan a xuizos. Como o órgano máximo de decisión destas comunidades é a asemblea de comuneiros, o Bng tomará en consideración a posición que tomen e actuará en consecuencia.

Doutra banda, un dos grandes erros deste proxecto foi e segue sendo, o vender “a pel do oso antes de cazalo”, é dicir, que xa se dá como feito o proxecto cando non se teñen os terreos. Iso é comezar a casa polo tellado e o que fas é ningunear aos donos dos terreos que parecen non pintar nada na cuestión, cando son unha parte imprescindible se queren facer algo.
Dentro deste erro enmárcase tamén o acto de presentación do proxecto gañador da cidade deportiva da empresa Celta deste venres no multiusos das Pozas.

A presentación non deixa de ser un acto de  apoio ao proxecto do Celta, o que incide no erro que dixemos con anterioridade. A cidade deportiva tal como está a situación urbanística non se pode levar a cabo, só poderían facer dous campos de fútbol pero sen todos os anexos que requiren no proxecto, por iso incidimos que se está pondo o carro antes dos bois. O que hai na actualidade é un alugueiro dos terreos por parte da CCMM de Pereiras. A empresa Celta sempre ligou a cidade deportiva ao centro comercial, pois ben, os terreos onde ten que ir o centro comercial é propiedade da CCMM de Tameiga e ata esta data o Celta non pasou unha soa proposta por escrito a esta comunidade de montes. Todo este tipo de actos poden entenderse coma unha provocación ante os veciños que están afectados e non teñen aínda un acordo , podendo chegar a crecer o malestar social que hai na parroquia de Tameiga.

Dende o BNG facemos un chamamento a que impere o sentidiño, que se deixe de facer actos de apoio ao proxecto mentres non se teñan os terreos e a respectar as decisións que as asembleas das distintas comunidades poidan tomar.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.