Postura de Anova Vigo con respecto ao conflito aberto polo Concello de Vigo contra a FAVEC

Publicado por o día 05/02/2014 na sección de Anova,Política

Postura de Anova Vigo con respecto ao conflito aberto polo Concello de Vigo contra a FAVEC

Desde Anova-IN de Vigo queren comunicar unha serie de consideracións despois da reunión coa directiva da FAVEC na tarde de onte. Tiveron oportunidade de escoitar e preguntar aos representantes da federación veciñal arredor do conflito que o Concello de Vigo mantén con esta entidade e sobre os problemas económicos que a federación veciñal está a ter.

– Consideran que se está a producir nestes momentos un acoso e derrube da FAVEC por parte da corporación municipal co fin último de desacreditar a súa directiva e dirixir un ataque ao conxunto do movemento veciñal de Vigo.
– Entenden que o responsable da situación económica que está sufrindo a FAVEC é o Concello de Vigo polo incumprimento dos compromisos adoptados coa federanción veciñal.
– Nese mesmo sentido, e por detrás de todo, está a  mala xestión do Concello na asignación das axudas municipais por medio duns plans de emprego que funcionan como rede clientelar.
 Por todo isto, desde Anova queren amosar o apoio á actual directiva e fan un chamamento ao Concello de Vigo a que solucione, pola vía do diálogo, un conflito e unha problemática nacida da súa mala xestión, e a que cese a persecución e criminalización pública da actual directiva e, por extensión, do movemento veciñal que a respalda.
PRENSA ANOVA VIGO