Povisa apoiará a Susana R.Gacio na súa carreira cara a Tokio 2020

Povisa patrocina á deportista viguesa por sexto ano consecutivo
Publicado por o día 18/03/2019 na sección de Galicia,Vigo

Povisa apoiará a Susana R.Gacio na súa carreira cara a Tokio 2020

O conselleiro delegado de Povisa, José Bernardo Silveira, asinou o xoves pasado con Susana R. Gacio a renovación do acordo de patrocinio que mantén coa paratriatleta desde fai seis anos, e que lle permitirá encarar a súa preparación para os Xogos Olímpicos de Tokio 2020.
 
“Apostamos por apoiar a Susana desde os seus inicios —declarou na firma do acordo o conselleiro delegado de Povisa— porque ela representa os valores cos que sempre nos identificamos: superación, mellora continuada, esforzo, compromiso… Por iso, seguiremos patrocinándoa neste ano crucial para ela, no que está a se preparar para dar o mellor de si mesma en Tokio 2020”.
 
Susana R. Gacio, que o pasado ano proclamouse campioa do mundo de paratriatlón en Gold Coast (Australia), participará nas próximas Series Mundiais de Paratriatlón, que se celebrarán a finais de abril en Milán (Italia) e durante a segunda quincena de maio en Yokohama (Xapón). O seu gran obxectivo, tras conseguir un quinto posto nas últimas paralimpiadas, é lograr unha medalla o próximo ano en Tokio.
 
Susana naceu con albinismo, unha enfermidade xenética que afecta a 1 de cada 17.000 persoas e que provoca unha cegueira case total, ademais dos problemas asociados á exposición solar da pel. Tras licenciarse en Medicina, e cunha diplomatura en Fisioterapia, comezou en 2017 o seu período como médico residente no Hospital Clínico de Santiago de Compostela, actividade que compaxina na actualidade co seu adestramento e a súa participación en diversas competicións.
 
A esta renovación con Gacio súmase ao acordo de patrocinio que Povisa asinaba hai unhas semanas con Desirée Vila, para apoiala tamén nos comezos da súa carreira deportiva como paratleta. O pasado domingo, pouco despois do acordo con Povisa, Vila proclamábase campioa de España en salto de lonxitude e 100 metros lisos.
 
Pé de foto: A paratriatleta Susana R. Gacio, xunto a José Bernardo Silveira, conselleiro delegado de Povisa, durante a firma do convenio hoxe no hospital.

Comentar noticia

Your email address will not be published.