Povisa inicia o tratamento con láser CO2 das lesións premalignas de útero

O modelo de láser utilizado permite realizar as intervencións mesmo sen anestesia
Por o 12/06/2019 | Sección: Galicia,Sanidad,Vigo
Povisa inicia o tratamento con láser CO2 das lesións  premalignas de útero
Compartir en:
Povisa comezou a utilizar un láser de CO2 de última xeración para tratar lesións premalignas de útero, vaxina, perianales e verrugas vaxinais, todas elas lesións asociadas ao virus do papiloma humano.
 
A utilización deste láser fai que as intervencións poidan facerse de forma ambulatoria e sen anestesia ou con anestesia local. O modelo utilizado por Povisa, o SmartXide, está considerado un dos máis avanzados do mundo. Utiliza unha fonte de láser de CO2 con tecnoloxía Pulse Shape Design que axusta o feixe ás lesións, sen danar o tecido circundante.
 
Está dotado ademais dun sistema robótico de escaneado de alta precisión para identificar con absoluta precisión o campo da lesión. A súa eficacia é inmediata, polo que o seu uso redunda na celeridade das intervencións e na rapidez da incorporación das pacientes á súa vida normal.
 
Pé de foto.- O Dr. Francisco Estévez, xefe do servizo de Ginecología de Povisa, (esq,) e o Dr. Paulino Pérez, médico adxunto do mesmo servizo, pousan co novo láser CO2.

Comentar noticia

Your email address will not be published.