Povisa logra reacreditarse como Centro Europeo de Cirurxía da Man

Consolídase así prestixio da Unidade de Cirurxía da Man, que realiza máis de 160 intervencións ao ano
Publicado por o día 07/07/2017 na sección de Galicia,Sanidad,Vigo

Povisa logra reacreditarse como Centro Europeo de Cirurxía da Man

A Federación de Sociedades Europeas de Cirurxía da Man  –FESSH, www.fessh.com– ha reacreditado a Povisa como Centro de Trauma de Man, distinción que só ostentan en España outros cinco hospitais.

Povisa continúa consolidando así o seu prestixio como centro altamente especializado en cirurxía da man, xa que a esixente FESSH retirou a acreditación a aproximadamente unha vintena de centros sanitarios que a obtiñan previamente.

O comité evaluador da FESSH tivo en conta en primeiro lugar a dispoñibilidade no hospital de polo menos un cirurxián coa acreditación europea de cirurxía da man, que obriga a superar un exame específico tras unha intensa formación. Doutra banda ?e esta é unha das razóns polas que moitos hospitais non obtiveron a acreditación- a FESSH valorou a dispoñibilidade en Povisa dun cirurxián da man de garda as 24 horas dos 365 días do ano, así como o estreito intercambio de información e experiencias entre o equipo de cirurxiáns do hospital e a propia Federación.

Povisa, onde existe unha unidade de Cirurxía da Man na que están involucrados os servizos de Traumatología, Cirurxía Plástica e Reconstructora e Rehabilitación, é referencia para o sur de Galicia neste tipo de intervencións na man de alta complexidade, realizando máis de 160 cada ano. Algunhas das guías técnicas desenvolvidas pola unidade, como as utilizadas para o tratamento cirúrxico do extremo distal do radio, foron adoptadas pola Sociedade Española de Cirurxía da Man.