Povisa nomea a María Luisa Brandt nova xerente do hospital

Con ampla experiencia no sector sanitario, reportará directamente ao conselleiro delegado
Publicado por o día 28/10/2017 na sección de Galicia,Sanidad,Vigo

Povisa nomea a María Luisa Brandt nova xerente do hospital

Brandt, enxeñeira industrial especializada en Organización Industrial, ten unha ampla experiencia no ámbito sanitario, pois foi xerente de Galaria desde setembro de 2009. Traballou tamén no departamento de Organización de Empresas da Universidade de Vigo, no departamento de Planificación Estratéxica de Caixanova e na consultora Arthur Andersen.

A nova xerente reportará directamente ao conselleiro delegado, José Bernardo Silveira.

O posto de xerente estaba vacante en Povisa desde que o grupo Nosa Terra XXI asumiu o control do hospital, hai agora 21 anos. Desde entón, e baixo a dirección do conselleiro delegado, Povisa superou unha situación financeira e de organización críticas, e transformouse nun dos hospitais máis prestixiosos de España, posuidor das certificacións de calidade nacionais e internacionais máis esixentes. A incorporación de Brandt enmárcase dentro desta estratexia de procura da excelencia asistencial, que fixo de Povisa unha peza crave no sistema sanitario público e privado de Galicia.