O BNG denuncia que o PP vota en contra de abrir unha investigación polo “acoso da Policía” a sindicalista da CIG

Luís Bará denuncia a aplicación indiscriminada da Lei Mordaza do PP.
Por o 07/12/2017 | Sección: BNG,Galicia,Política
O BNG denuncia que o PP vota en contra de abrir unha investigación polo “acoso da Policía” a sindicalista da CIG

O  deputado do BNG, Luís Bará  defendeu hoxe na comisión 1ª unha proposición non de lei  contra o “acoso policial” contra o membro da Executiva Confederal da CIG, Renato Núñez e abrir “unha investigación” cualificada polo parlamentario de  “auténtica persecución” contra os dereitos e liberdade de expresión.

Na iniciativa, Bará tamén  demandaba proceder a “derrogar” a lei para a protección da seguridade cidadá, coñecida como Lei Mordaza.

Na defensa da iniciativa  recalcou que o caso de Renato Núñez é  unha pequena mostra do que está acontecendo coa “conculcación dos dereitos fundamentais” e denunciou a persecución á que se ve sometido o sindicalista  por “defender os dereitos e liberdades civís do pobo galego”. Neste sentido,  explicou que   o sindicalista,  “foi retido, reducido e  cacheado” pola policía nacional baixo a escusa dunha denuncia de tráfico.

Para a deputado do BNG, os feitos confirman “a persecución” da policía e a aplicación da Lei Mordaza a Renato Núñez  e salientou  que non  é  a primeira vez que o sindicalista é acosado por axentes das Forzas e Corpos de Seguridade polo que  reiterou demandar  da Subdelegación do Goberno “abrir unha investigación para depurar as responsabilidades pertinentes”.

Pola súa parte, o portavoz do Partido popular, Alberto Pazos anunciou o voto en contra á iniciativa nacionalista ao que Bará replicou que o PP “ quere persoas domesticadas e que non protesten contra os abusos”, pero hai persoas concienciadas como este cidadán que denunciou e o BNG seguirá denunciando todas aquelas accións que constitúan unha situación de “persecución e acoso”, concluíu.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.