PP apoia demandar que se respecten as condicións laborais e salariais do persoal que traballa na ampliación da Ponte de Rande

A deputada popular Teresa Egerique saudou que os grupos da oposición “comecen a recoñecer a relevancia que realmente ten esta Comisión de Seguimento”.
Publicado por o día 13/07/2017 na sección de Galicia,Partido Popular,Política,Vigo

PP apoia demandar que se respecten as condicións laborais e salariais do persoal que traballa na ampliación da Ponte de Rande

O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se insta ao Goberno galego a promover, no marco da Comisión de Seguimento sobre a AP-9, o respecto das condicións laborais e salariais do persoal que traballa nas obras de ampliación da Ponte de Rande.

A deputada do Grupo Popular, Teresa Egerique, considerou “totalmente necesario que se respecten as condicións laborais e salariais de todas as persoas que traballan nesa grande obra” e subliñou que “as empresas que obteñen estes contratos coa administración teñen que cumprir estritamente os compromisos adquiridos”.


INVESTIGACIÓN ABERTA

Respecto do accidente mortal ocorrido nas obras de ampliación da Ponte de Rande, Teresa Egerique sinalou que “a seguridade laboral é unha prioridade do Goberno galego e por iso abriuse unha investigación sobre este lamentable suceso para coñecer as súas causas e evitar novos accidentes no futuro”.

Egerique saudou que os grupos da oposición “comecen a recoñecer a relevancia que realmente ten á Comisión de Seguimento das obras da AP-9, a pesar de que onte mesmo no Pleno o Grupo Socialista plantexara rachar relacións co Ministerio e que a Xunta non volvera a esta comisión”.

“Hoxe vemos o importante que resulta ter esa comisión e o necesaria que resulta en casos coma este, polo que convidamos aos grupos da oposición a recapacitar e a valorar o importante que resulta permanecer na mesma para tantos temas que atinxen aos galegos”, apuntou.

Así mesmo, a deputada popular manifestou que “gustounos ler na exposición de motivos da iniciativa presentada polo BNG que puxeran como exemplo a construción do Hospital Público Álvaro Cunqueiro, logo de que durante as obras denunciaran precariedade e hoxe consideren unha mostra de como se debe traballar nas grandes obras”.