PP apoia que Xunta, Goberno central e Concello negocien proposta para transformar en vía urbano o treito da AP9 entre Padín e Vigo

A deputada Teresa Egerique salientou a necesidade de que o Concello “presente canto antes a proposta técnica referente ao tramo urbano da AP-9 ao seu paso por Teis”.
Publicado por o día 16/05/2017 na sección de Partido Popular,Política,Vigo

PP apoia que Xunta, Goberno central e Concello negocien proposta para transformar en vía urbano o treito da AP9 entre Padín e Vigo

O Grupo Popular apoiou esta tarde no Parlamento que a Xunta de Galicia negocie co Goberno do Estado e o Concello de Vigo unha proposta de transformación en vía urbana do treito da autoestrada AP-9 entre as Torres de Padín e a cidade de Vigo. Así mesmo, demandouse ao Goberno central a supresión da peaxe no treito entre Rande e Vigo.

A deputada popular Teresa Egerique salientou a necesidade de que o Concello de Vigo “presente canto antes a proposta técnica referente ao tramo urbano da AP-9 ao seu paso polo barrio de Teis, de xeito que se poida levar adiante esta obra crucial para a cidade e para esta parroquia”.

RESPONSABLES E INTELIXENTES

Na súa intervención, Egerique lembrou que “foi a propia Xunta a que trasladou ao Ministerio de Fomento a necesidade da transformación deste treito da AP-9 en treito urbano, pero aínda estamos agardando que desde o Concello se elabore a proposta técnica para levar adiante esta obra”.

“Sexamos responsables, intelixentes e fagamos ben as cousas, comezando polo propio Concello, quen debe poñerse a traballar neste asunto e remitir o informe para despois tomar as decisións pertinentes”, sinalou.