O PP aposta polo comercio como aglutinador social e xerador de riqueza e emprego

A presidenta do Congreso, Ana Pastor, o presidente provincial, Alfonso Rueda, e os candidatos vigueses visitan o Mercado do Calvario.
Publicado por o día 17/09/2016 na sección de Eleccións Galegas,Partido Popular,Vigo

O PP aposta polo comercio como aglutinador social e xerador de riqueza e emprego

O candidato Ignacio López-Chaves destaca “o esforzo do noso comercio” que se ten convertido en “clave” na consolidación do crecemento económico. 

Lembra que as vendas en Galicia aumentaron nun 4,5% o último ano, sumando 23 meses de crecemento interanual no comercio ao por menor.

 A presidenta do Congreso, Ana Pastor, acompañada polo presidente provincial, Alfonso Rueda, polos candidatos vigueses –Teresa Egerique, Ignacio López-Chaves, Javier Dorado, Marián García e Marta Fernández Tapias- e pola portavoz municipal, Elena Muñoz, visitaron esta mañá o Mercado do Calvario, onde salientaron a importancia do comercio de proximidade como elemento aglutinador social e xerador de riqueza e emprego.

Neste sentido, o candidato López-Chaves recoñeceu “o esforzo do noso comercio” que, co apoio da Xunta, tense convertido nun “eixo clave” na “consolidación do crecemento económico”.

Así, lembrou, as vendas en Galicia aumentaron nun 4,5% o último ano, case un punto máis que no conxunto do Estado. Desta forma, explicou, súmanse 23 meses de crecemento interanual no comercio ao por menor.

López-Chaves sinalou que Galicia sitúase, así, como como a cuarta comunidade cun maior incremento, cifras que se están a consolidar no que vai de 2016, cun crecemento das vendas do 4,3% e do emprego nun 1%.

“Esta Xunta está cos comerciantes, e seguira apoialos. Por este motivo activouse o Plan Estratéxico de Impulso ao Comercio, posto en marcha en 2015 e que leva investidos xa máis de 18 millóns”, afondou o candidatos, salientando as posibilidades que ofrece no respaldo ao sector en eidos críticos como o smart commerce.