O Grupo Popular asegura que Sanidade planifica a atención sanitaria no verán con eficiencia

– O deputado popular Aurelio Núñez afirmou que “a noticia sanitaria do verán será a apertura no mes de xullo do novo Hospital Público de Vigo”

– “Se poden activar unidades de hospitalización en calquera momento en que as necesidades asistenciais así o xustifiquen”, ao tempo que se “xestiona de maneira eficiente as vacacións regulamentarias do persoal”, dixo o deputado popular.

O deputado do Grupo Popular Aurelio Núñez Centeno asegurou hoxe no Parlamento que a Consellería de Sanidade procederá a planificar as medidas de reorganización asistencial da hospitalización en período estival “xestionando con eficiencia os fondos públicos e garantindo a seguridade e calidade asistencial dos enfermos e a atención naqueles procesos que non admiten demora”. Ademais, considerou que “a noticia sanitaria do verán será a apertura o vindeiro mes de xullo do Hospital Público Álvaro Cunqueiro de Vigo, coas súas 1.465 camas hospitalarias”.

Núñez Centeno lembrou que no 2014 estiveron operativas todo o ano mais do 86 por cento do total das camas dos centros hospitalarios da rede pública, cun índice de ocupación do 77,7 por cento, “moi lonxe do índice óptimo de ocupación que se estima na literatura médica nun 85 por cento”.

DEFENSA DOS FACULTATIVOS

De cara á temporada estival, o deputado popular indicou que a Consellería de Sanidade “xa negou que se vaian a pechar servizos completos, como medicina interna ou paliativos”. Neste sentido, anotou que “se poden activar unidades de hospitalización en calquera momento en que as necesidades asistenciais así o xustifiquen” e dixo que esta programación “permite xestionar de maneira eficiente as vacacións regulamentarias do persoal”.

“O Partido Popular defende aos facultativos do Servizo Galego de Saúde e agradécelle a seu traballo e a súa dedicación, polo que non nos escoitará nunca dicir o que os deputados da oposición din aquí ou dixeron no pasado recente”, sinalou.

Con respecto as estancias medias, Núñez Centeno lembrou que “nos hospitais galegos era, ata hai pouco, a máis alta do Estado, pero afortunadamente, aínda que aos grupos da oposición non lles guste, estase a corrixir esta situación e cada vez a estancia media está a diminuír, achegándose progresivamente aos índices óptimos descritos na literatura médica”.

Deste xeito, o deputado popular concretou que reduciuse a lista de espera cirúrxica en prioridade 1 de 28,3 a 17,1 días; a espera media para consulta de enfermidade no Hospital baixou de 68 a 50 días; a cirurxía nos centros de saúde aumentou de 12.400 a 21.450 intervencións; a cirurxía maior ambulatoria medrou mais de un 45 por cento; houbo 5.716 ingresos en hospitalización a domicilio, con preto de 98.000 estancias; e os profesionais do Sergas fixeron arredor de 100.000 intervencións en cirurxía ambulatoria, mais do 50 por cento do total.

PRENSA GRUPO POPULAR

Noticias de última hora en Vigo

grupo popularhospital vigoppsanidad galicia

SIGUENOS EN TELEGRAM