PP, Cs e PNV rexeitan a iniciativa de En Marea relativa ao proceso de liquidación do Banco Popular

O Congreso dos Deputados rexeitou hoxe, cos votos en contra de PP, C´s e PNV a Proposición non de Lei presentada por En Marea relativa ao proceso de absorción do Banco Popular por parte do Banco Santander, que defendeu a deputada Yolanda Díaz
Publicado por o día 27/06/2017 na sección de Economía,En Marea,Política

PP, Cs e PNV rexeitan a iniciativa de En Marea relativa ao proceso de liquidación do Banco Popular

O Congreso dos Deputados rexeitou hoxe, cos votos en contra de PP, C´s e PNV a Proposición non de Lei presentada por En Marea relativa ao proceso de absorción do Banco Popular por parte do Banco Santander, que defendeu a deputada Yolanda Díaz.

Na súa intervención, a deputada de En Marea definiu este proceso “como unha estafa democrática, na que gaña o Banco Santander e a súa presidenta e perde a maioría da cidadanía, desde as traballadoras e traballadores ata os pequenos aforradores”.

Ademais, Díaz denunciou que a liquidación do Banco Pastor-Popular está artellada en dúas operacións calculadas: seguir aumentando a concentración bancaria no noso país e avanzar nun proceso de centralización do sistema financieiro no que as Comunidades Autónomas carezan de poderes financieiros propios, o que implica perda no poder de decisión”.

Ante esta situación, a parlamentar destacou a importancia que tería que Bankia continuase estando en mans públicas, porque se a cuarta entidade financieira do noso país se privatiza, aumentará o proceso de concentración bancaria, que xa alcanza na actualidade o 72% do total do mercado en mans de 5 entidades, moi superior ao 32%, por exemplo, que existe en Alemaña.

Yolanda Díaz destacou no Congreso a importancia que tivo o Banco Pastor na economía galega, xa que foi unha entidade clave para o desenvolvemento de Galicia, tanto históricamente como na actualidade. A súa importancia é clave para o noso sistema industrial, para a nosa pequeña e mediana empresa, para os servizos financieiros dun país con gran dispersión da poboación, para os accionistas, para o emprego e tamén para a actividade cultural ao ser a Fundación Barrié un actor importante na promoción cultural galega.

Así, En Marea pedía nesta iniciativa que se garantira que o Banco Santander non ía requerir de ningunha aportación financieira de fondos públicos en forma de axudas, pero sobre todo, solicitábase que se garantirán os postos de traballo dos 10.000 empregados do Banco Pastor (Popular) (1.430 en Galicia), así como o mantemento das actuais oficinas bancarias.
Yolanda Díaz denunciou, finalmente, que neste proceso de liquidación da entidade financieira galega deberían esclarecerse as posibles responsabilidades nas que tiveran incurrido os equipos directivos da entidade.