O Partido Popular e o BNG impediron esta mañá sacar adiante unha iniciativa de En Marea -defendida por Juan Merlo, deputado e secretario de Organización de Podemos- que tiña por obxecto a creación dunha Xestora, integrada por representantes das asociacións do sector pesqueiro, todas as formacións políticas, empresas armadoras e sindicatos, para estudar as demandas máis beneficiosas para Galiza ante o BREXIT.
Juan Merlo levou esta PNL á Comisión de Pesca, convencido de que a saída de Gran Bretaña da Unión Europea pode ser outra oportunidade para Galiza e o seu sector pesqueiro e acabar así co trato discriminatorio que sofreu no momento de entrada de España na UE.
“Estamos ante a oportunidade de renegociar as nosas cotas, oportunidade que nos foi negada á entrada de España na Unión Europea, dado que estas estaban xa repartidas en beneficio dos estados membros que xa formaban parte da Unión”, afirmou.
Neste sentido, explicou que non se trata de buscar a confrontación co Reino Unido, pero tampouco pasar por alto que este estado se incorporou á UE nunha situación privilexiada frente ao resto dos estados membros, “polo que non podemos permitir que agora que este mesmo estado saínte sexa o que estabeleza as directrices das negociacións”.
Iniciativa pouco galega
Merlo lembrou que a frota do Gran Sol, xunto coa frota das Malvinas, é un dos sectores insignia da pesca galega, polo que cre que hai que explotar todas as oportunidades que pode ofrecer o Brexit “na procura de melloras que beneficien á nosa flota”.
Para o parlamentar, estes argumentos debían abondar para votar a favor da creación da xestora que propuña a iniciativa, que non contou co apoio do PP por considerar que os traballos que se estaban a realizar dende a Xunta xa eran suficientes nin do BNG por non ser unha un instrumento que operase só en Galiza, senón que se instaba ao goberno do Estado para a súa constitución, por competencias e por non quedar sen representación frente aos intereses doutras comunidades,
Noticias de última hora en Vigo