PP e PSOE volven negar solicitude de En Marea e BNG para crear comisión de investigación sobre accidente de Angrois

O viceportavoz de En Marea, Antón Sánchez, lamentou a ¨hipocrisia¨do PP que di apoiar e compartir as ¨xustas reivindicacións¨das vítimas ao tempo que vota en contra da petición de En Marea e BNG para evitar que se coñeza o acotencido e obviar as innegables responsabilidades políticas.
Publicado por o día 21/02/2017 na sección de En Marea,Política,Vigo

PP e PSOE volven negar solicitude de En Marea e BNG para crear comisión de investigación sobre accidente de Angrois

O grupo parlamentario de En Marea solicitou no pleno do Parlamento de Galicia a creación dunha comisión de investigación para coñecer en profundidade o acontecido no accidente de Angrois, o máis grave da historia ferroviaria do noso país. Un debate que deixou en evidencia, unha vez máis, a hipocrisia do PP que por unha banda di estar coas vítimas e comprender as súas “xustas reivindicacións“ ao tempo que anuncia o voto en contra da petición de En Marea e BNG alegando que “o Parlamento de Galicia non é o lugar axeitado“. Un argumento que repetiu coas mesmas palabras o PSdeG na súa intervención.

O viceportavoz de En Marea, Antón Sánchez, lamentou a postura de ambos grupos parlamentarios que deixan as claras a súa nula vontade de que se coñeza a realidade do acontecido en Angrois xa que asegurou “teñen moito que agochar“ e unhas responsabilidades políticas que traballan por ocultar. O Partido Popular de feito declarou na súa intervención no debate que hai cousas que “só o tempo“ pode curar, afirmación que o viceportavoz de En Marea replicou que “non é que cure senón que o que pretenden é esperar a que pase o tempo para que os auténticos responsables desta catástrofe non podan xa que pagar polo acontecido“.

A votación deste punto que foi debatido a primeira hora da mañá quedou aprazada á tarde xa que os grupos solicitantes, En Marea e BNG, pediron votación en urna apelando á votación en conciencia de cada un dos deputados da Cámara xa cada deputado e deputada deberá asumir a súa responsabilidade, decidindo se quere ou non ser cómplices e responsables de negar ás vítimas o coñecemento da realidade, e faltarlle ao respecto a todas e cada unha das familias e dos 80 falecidos e 144 feridos no máis grave accidente ferroviario da historia de Galicia e de España.