O PP impide pedir a creación dunha comisión de investigación sobre o accidente ferroviario de Angrois

O vicevoceiro de En Marea, Antón Sánchez, acusou ao PPdeG de protexer “á mafia de Catalá e compañía“ impedindo unha investigación independente que depure responsabilidades políticas.
Publicado por o día 24/05/2017 na sección de En Marea,Política,Vigo

O PP impide pedir a creación dunha comisión de investigación sobre o accidente ferroviario de Angrois

O PP vota en contra da iniciativa presentada por En Marea para instar á creación dunha comisión de investigación sobre o accidente ferroviario de Angrois no Congreso dos Deputados. O vicevoceiro de En Marea, Antón Sánchez, defendeu que con esta iniciativa o grupo parlamentario buscaba dar un paso máis no coñecemento da verdade tratando de superar a obstrución do PP e do PSOE. Pese a que no seu discurso Sánchez fixo un chamamento á “coherencia e empatía coas vítimas” por parte dos grupos da Cámara e pese ao apoio manifestado tanto por BNG como PSdeG, o grupo popular rexeitou a iniciativa deixando en evidencia unha vez máis a súa falla total de respecto polas vítimas e pola cidadanía galega que o único que piden é coñecer a realidade.

O vicevoceiro de En Marea lamentou tras a votación que o PPdeG de protexer “á mafia de Catalá e compañía“ impedindo unha investigación independente que depure responsabilidades políticas. “É unha cuestión de xustiza, de reparación moral das vítimas pero tamén de rexeneración democrática“ concluíu Antón Sánchez.