O PP rexeita a iniciativa de En Marea de favorecer a integración de persoas con diversidade funcional

Os deputados da oposición abandonaron a Comisión ante as reiteradas faltas de respecto do PP á promotora da iniciativa, a vicevoceira de En Marea Carmen Santos.

Os deputados de En Marea, do PSdeG e do BNG abandonaron esta tarde a Comisión 1ª do Parlamento de Galicia durante o debate dunha iniciativa de En Marea na que se solicitaban medidas do Goberno galego para favorecer a integración das persoas con diversidade funcional.

A iniciativa pedía que a Xunta velase polo cumprimento da cota de reserva establecida no art. 42 del Real Decreto Lexislativo 1/2013, de 29 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social e que este cumprimento  para acceder a contratos públicos, subvencións ou beneficios fiscais coa base no establecido no marco legal vixente.

“É unha obriga desta comisión e de todos os poderes públicos deixar de lado as diferencias políticas e aprobar unanimemente esta proposta porque hoxe somos unhas as que sufrimos diversidade funcional pero mañá pode ser calquera dos que están aquí presentes”, defendeu a promotora da iniciativa, a vicevoceira Carmen Santos para quen “a solidariedade debería ser unha liña vermella” na actividade política.

Sube tu movil

Na súa intervención, o voceiro do PPdeG José Alberto Pazos Couñago centrou os seus ataques contra á deputada de En Marea insistindo en que non a aceptaban como interlocutora no Parlamento de Galicia, unha actitude coa que En Marea considera que o PP está vulnerando a democracia parlamentaria, antepoñendo os intereses partidarios e esquivando unha proposta para mellorar a vida de miles de persoas con diversidade funcional.

Esta mesma actitude provocou a indignación de todos os grupos da oposición, que decidiron abandonar conxuntamente a sala durante a intervención do parlamentario do PP, regresando á mesma no momento da votación.

Dende En Marea seguiremos loitando para que se defenda a normativa legal vixente, e que se loite polo cumprimento da cota de reservas para persoas con discapacidade, tanto no sector público como no privado.



EXPOFACIC, Feria Agrícola, Comercial e IndustrialEXPOFACIC

Publicado por Noticias Vigo

Noticias de última hora en Vigo

ETIQUETAS:

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

ANUNCIOS DESTACADOS EN VIGO

crear anuncio

Vigo Marketing

http://www.vigomarketing.com

Diseño web, posicionamiento, marketing y publicidad en Vigo

Amura Restaurante

http://www.amuravigo.es

Gran variedad de pescados, carnes, mariscos y pastas en Carral 32

Servicios web

http://www.donwebmaster.com

Dominios, hosting, diseño web, redacción, .. al mejor precio

ARI

http://editorialcirculorojo.com

El libro de Luis Soler con una historia que te sorprenderá