O PP rexeita a proposta de En Marea de crear unha Lei de Lobbies galega, malia presentar no Congreso unha iniciativa solicitando a súa regulación

Carmen Santos: “Os galegos e galegas teñen dereito a saber que persoas ou grupos de presión participaron no desenvolvemento dunha determinada normativa”.
Por o 16/06/2017 | Sección: En Marea,Política,Vigo
O PP rexeita a proposta de En Marea de crear unha Lei de Lobbies galega, malia presentar no Congreso unha iniciativa solicitando a súa regulación

Perante a influencia que exercen empresas, fundacións, medios de comunicación e outros suxeitos ou grupos de presión nos contidos das políticas públicas, En Marea propuxo esta mañá no Parlamento de Galicia impulsar unha Lei de Lobbies galega que antepoña os intereses do conxunto da sociedade ao interese particular. Carmen Santos, encargada de defender a iniciativa na Comisión Institucional, destacou “o dereito de galegos e galegas de coñecer que persoas ou organismos participaron no desenvolvemento dunha determinada normativa autonómica”.

A iniciativa de En Marea propón, ademáis, que esta regulación implique a todas as normativas legais impulsadas pola Xunta, conte cun rexistro de lobbistas que identifique que persoas ou corporacións representan, que defina que autoridades do gobernó quedan suxeitas a esta lei e que incorpore un código de boas prácticas, documento en que se plasmarán os principios que deben rexer a actividade lobbista, como a transparencia, a profesionalidade ou a información veraz.

“Esta iniciativa que hoxe traemos a Comisión, pode representar un paso moi importante para avanzar na transparencia política de Galicia “, sinalou a vicevoceira de En Marea para quen “a sociedade galega non pode seguir vivindo no escurantismo, porque sen transparencia, sen información directa e veraz, a democracia só en un termo que carece totalmente de significado”. Carmen Santos puxo como exemplo deste carácter sombrío da actividade dos grupos de presión o acontecido co Anteproxecto da Lei de Acuicultura, retirada pola presión social “pois implicaba a privatización das rías galegas dándollas ás grandes multinacionais acuícolas”. “¿Qué empresas negociaron coa Xunta para impulsar esta normativa? ¿As grandes multinacionais de producción de salmón tal vez?”, preguntouse Carmen Santos durante a defensa da iniciativa. “ Para evitar este tipo de cousas é polo que propoñemos a creación de unha lei galega de lobbies. Saber qué organismos tratan de influir na creación de unha lei, presentase como algo básico para o mantemento da boa saúde democrática en Galicia”, argumentou.

O PP escudouse na suposta complexidade de regular os lobbies e tras facer un repaso polas normativas que rexen no resto do Estado, recoñeceu que o PP xa presentou unha iniciativa deste tipo no Congreso dos Deputados pero rexeitaron a iniciativa de En Marea. “Este tema hai que facelo con rigor e prudencia”, argumentou a voceira do PP na Comisión Institucional.

Carmen Santos cualificou de “irresponsable” a decisión do PP. “É unha necesidade urxente quenon se pode pospoñer e que sexa complicado non exime da obriga de regulalo”, respondeu a vicevoceira de En Marea no turno de réplica. “Hai que traballar e se nos poñemos todos a unha sería moi positivo, pero lamento que non practiquen con feitos o que defenden na teoría e nos seus discursos”, concluíu Santos.

Plan Normativo da Xunta para 2017
Por outra parte, Carmen Santos defendeu, no transcurso da mesma comisión, a postura de En Marea fronte ao Plan Normativo da Xunta que veu presentar a directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, Natalia Prieto. Para Santos, é unha “vergoña” vir á Cámara a facer simplemente a lectura dos títulos das 106 normas que inclúe o plan e denunciou que este documento non inclúa ninguna outra información sobre as medidas que a Xunta ten previsto implementar.

A vicevoceira advertiu que do listado dado a coñecer só 32 normas están en proceso de redacción e a posibilidade de realizar achegas por parte dos colectivos afectados é prácticamente nula. Ademais, dado o regulamento do Parlamento, semella difícil que dean os prazos para tramitar as leis previstas no vindeiro perído de sesións 2017- 2018, afirmou.