O PP rexeita unha iniciativa de En Marea contra o acoso escolar y ciberacoso

A deputada de En Marea, Ánxeles Cuña, lamentou que unha vez máis o grupo popular pese a manter un discurso coincidente co exposto por En Marea finalmente optase “sen argumento algún“ por votar en contra desta iniciativa.
Publicado por o día 18/05/2017 na sección de En Marea,Política,Vigo

O PP rexeita unha iniciativa de En Marea contra o acoso escolar y ciberacoso

O grupo parlamentario de En Marea presentou en comisión parlamentar unha iniciativa na que se instaba ao Goberno da Xunta de Galicia a realizar un novo diagnóstico do acoso escolar e ciberacoso, reelaborar protocolos e adaptalos a realidade das aulas, e elaborar respostas educativas que superen o actual modelo de carácter sancionador e disciplinario, así como elaborar programas preventivos e a posta en marcha do Plan de convivencia escolar. Unha proposta que o único obxectivo que perseguía era loitar contra un grave problema que está a afectar aos mozos e mozas do que están alertar investigadores e a propia comunidade educativa. Unha proposición non de Lei que pese a que polo discurso do Partido Popular na comisión puidera saír adiante afirmando coincidir co exposto pola deputada de En Marea, foi finalmente rexeitada polo PP o que deixou en evidencia, unha vez máis, a falla de coherencia do grupo parlamentario popular.

Na súa intervención a deputada Ánxeles Cuña explicou que xa na década dos setenta, algúns investigadores detectan como motivo detonante do suicidio de adolescentes o acoso escolar Cuña destacou as novas estruturas de agresión entre iguais como é o ciberacoso e ciberbullyng que se desenvolveron en paralelo ao acoso escolar presencial, e que hoxe en dia fai que a situación de acoso e agresión traspase o espazo e o tempo e permite o ataque anonomio nos espazos virtuais. Tanto o bullyng como o ciberbullyng considéranse factores de risco social e emocional asociado a problemas psicolóxicos, que transcenden a vida escolar, constituíndo un claro antecedente das condutas disociais. Existen estudos como o informe de Save the Children realizado en 2016 que poñen de manifesto que o 9,3 por cento dos escolares sofren acoso e o 6,9 por cento ciberacoso. Na mesma liña, a Fundación ANAR nun documento publicado en 2016, demostra o incremento de 272 por cento das chamadas de nenos e as e adolescentes. Ademais alerta de que gran parte das vítimas (o 70 por cento) sofre acoso cotiá.

“Necesitamos contar cun marco lexislativo que aborde estas agresións tan actuais como preocupantes, xa que debemos ter respaldo legal e preceptivo que atenda tanto ás consecuencias do fenómeno como aos seus e ás súas protagonistas“ salientou Ánxeles Cuña que lembrou que “gai máis dunha década que a nosa Comunidade creou ferramentas normativas e protocolos, para facer fronte ao acoso pero descoñecemos o su alcance real, e o seu axuste ás indicacións propostas polas persoas expertas“.

O grupo de En Marea considera necesario contar con estratexias que apoien a intervención do profesorado para que non fique exposto á improvisación. Por este motivo presentou esta proposición non de Lei na que se instaba á Xunta de Galicia a:

·  Realizar un novo diagnóstico de acoso escolar e ciberacoso.
·  Reelaborar os protocolos e adaptalos á realidade das nosas aulas.
·  Elaborar as respostas educativas necesarias que superen o actual modelo de carácter sancionador e disciplinario.
·  Elaborar programas preventivos relacionados cos fenómenos de acoso escolar e ciberacoso.
·  Poñer en marcha o Plan de Convivencia Escolar.