O PP salienta a importancia do turismo como motor de desenvolvemento económico e social na Galicia do 2020

O presidente provincial, Alfonso Rueda, xunto a Nava Castro e os candidatos vigueses, participan nun acto sectorial de turismo en Vigo.
Publicado por o día 17/09/2016 na sección de Eleccións Galegas,Partido Popular,Vigo

O PP salienta a importancia do turismo como motor de desenvolvemento económico e social na Galicia do 2020

Castro subliña a repercusión dunha industria que suma o 11% do PIB galego e xera o 12% do emprego. 

Destaca o peso de Vigo na proposta turística galega, con máis de 600.000 pernoctacións acadadas o ano pasado. 

Avoga por seguir a traballar para que Galicia acade a final de ano os 5 millóns de turistas

 O presidente provincial, Alfonso Rueda, xunto a Nava Castro e o resto de candidatos vigueses –Teresa Egerique, Ignacio López-Chaves, Javier Dorado, Marián García y Marta Fernández Tapias- participaron hoxe en Vigo nun acto sectorial de economía e turismo. Neste marco, Castro salientou a importancia desta industria como “motor fundamental do desenvolvemento económico e social da Galicia que queremos no ano 2020”.

Durante o encontro, no que tamén interviron Pepe Solla, cociñeiro cunha estrela Michelín; Beatriz Castro, directora do Hotel e Apartamentos Cons da Garda, no Grove; e José Luis López González, xerente de Luamar; Castro destacou a relevancia acadada por un sector que se configura como un dos máis activos e con maior capacidade de desenvolvemento na economía galega.

“A nosa actividade turística supera nestes momentos o 11% do PIB galego e xera o 12% do emprego da Comunidade”, incidiu. Neste contexto, a candidata popular destacou as cifras acadadas en termos de demanda, concretamente en Vigo. Así, segundo informou, o ano pasado visitaron a cidade preto de 300.000 viaxeiros que realizaron máis de 604.000 pernoctacións.

Unhas cifras que, no tocante a Galicia, tamén están a deixar rexistros históricos. “Nos 7 primeiros meses do ano, a nosa terra sumou preto de 2,6 millóns de visitantes, polo que si seguimos nesta senda de crecemento aspiramos a superar, ao final do ano, o obxectivo fixado dos 5 millóns de turistas”, apuntou.

Así mesmo, a candidata popular resaltou a consolidación de Galicia como un “destino multiexperiencial”, cunha oferta segmentada e desestacionalizadora.

Nesta liña, afondou en innovadores produtos turísticos, como a Ruta da Camelia, o programa Galicia a todo tren ou os Cruceiros costeiros das Rías de Galicia. Unha oferta, salientou, que ten permitido “ampliar e enriquecer” a oferta turística da Comunidade.