O PP subliña que Vigo é a cidade galega con máis mozos que se benefician do transporte metropolitano gratuíto

Vázquez resalta que, á espera de que o Concello de Vigo culmine o seu proceso de incorporación, o Goberno galego ten bonificado xa máis de 3,5 millóns de desprazamentos
Publicado por o día 19/09/2016 na sección de Eleccións Galegas,Partido Popular,Vigo

O PP subliña que Vigo é a cidade galega con máis mozos que se benefician do transporte metropolitano gratuíto

Apunta que a aposta da Xunta por este transporte ten suposto “un antes e un despois” na mobilidade dos veciños da Área Metropolitana. 

O candidato Javier Dorado fixa o transporte como punto de partida da Área Metropolitana, na procura de ofrecer “mellores servizos e máis baratos aos cidadáns”.

 A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, á portavoz municipal, Elena Muñoz, e os candidatos vigueses ás próximas eleccións -Teresa Egerique, Ignacio López-Chaves, Javier Dorado, Marián García e Marta Fernández Tapias-, participaron na tarde de hoxe nun acto sectorial sobre transporte metropolitano xunto ás Novas Xeracións do Partido Popular.

Neste marco, Vázquez resaltou a aposta da Xunta pola implantación do transporte metropolitano, tanto en Vigo como no resto da Área Metropolitana, e o seu compromiso cos máis mozos, en particular cos menores de 19 anos que poden beneficiarse da gratuidade neste tipo de desprazamentos.

“Esta posibilidade ten espertado gran interese aquí, en Vigo, posto que esta Área Metropolitana suma xa 5.000 tarxetas para xente nova,  correspondendo a meirande parte delas, 1.600, a mozos vigueses”, salientou a conselleira, quen subliñou que, desde xeito, “Vigo é o Concello de Galicia con maior número de mozos con tarxeta TMG Xente Nova”.

Neste marco, Vázquez sinalou a importancia dun “plan social que permite importantes aforros para as familias”, que poden chegar ata os 1.000 euros ao ano nos usuarios frecuentes. Así mesmo, apuntou, ata o de agora, o transporte metropolitano suma máis de 3,5 millóns de desprazamentos, tanto no autobús interurbano como nos barcos que cruzan a ría.

E todo isto, proseguiu a conselleira, á espera de que o Concello de Vigo culmine o proceso de incorporación de Vitrasa. Neste sentido, Vázquez sinalou que 13 administracións e 10 empresas necesitaron un mes e medio para poñer en funcionamento o Plan de transporte metropolitano, levándose agora máis de dous meses para que unha administración e unha empresa de transporte poñan en funcionamento dito plan en Vigo.

“Sen dúbida, falar de transporte metropolitano e falar dun compromiso do Goberno galego que marca un antes e un despois na mobilidade dos veciños”, incidiu. Unha aposta que, como salientou o candidato popular, Javier Dorado, supón o punto de partida da Área Metropolitana na procura de que os concellos que a integran aposten por manter servizos comúns, máis eficientes e máis baratos para todos os veciños.

“Esta é unha aposta por outro xeito de facer país; un país que pensa no futuro. Porque o transporte público configúrase como unha das arterias principais da Área metropolitana e, potenciando este transporte, nos fortalecemos todos”, concluíu a conselleira.