O PP volve a rexeitar que a Xunta estableza axudas directas ao sector vitivinícola polos estragos das xeadas

A deputada de En Marea, Paula Quinteiro, defendeu a necesidade de atender as demandas do sector e lamentou que “o PP so escoite e acepte este tipo de axudas en época electoral”.
Publicado por o día 26/05/2017 na sección de En Marea,Política,Vigo

O PP volve a rexeitar que a Xunta estableza axudas directas ao sector vitivinícola polos estragos das xeadas

En Marea presentou en comisión parlamentaria unha proposición non de lei na que e pedía que o Parlamento de Galicia instase á Xunta de Galicia a establecer unha liña de axuda específica para os danos ocasionados pola xeada do día 27 de abril, ás produtoras e produtores das zonas mencionadas anteriormente, indistintamente de que estean ou non amparadas polas D.O ́s correspondentes. Unha iniciativa que unha vez máis foi rexeitada polo grupo parlamentario do Partido Popular que na súa intervención limitouse a criticar aos grupos da oposición sen ofrecer xustificación algunha para a súa negativa a axudar a un dos sectores estratéxicos para o noso país.

A deputada parlamentario de En Marea, Paula Quinteiro, explicou que o que está a pedir o seu grupo non é nada que non se teña feito noutras ocasións polo que asegurou non entender a teima do PP non atender as demandas xustificadas dos afectados. O grupo parlamentario de En Marea entende que é labor da Xunta de Galicia garantir os produtores e produtoras galegas, xunto con adegueiros e adegueiras, unhas colleitas dignas en calidade e cantidade para seguir a traballar as nosas terras dunha forma digna e que garanta a continuidade.

Así mesmo, os deputados e deputadas de En Marea chamaron a atención sobre o feito de que as adegas, que hoxe teñen unha proxección estimada de venda para este ano, non poidan cumprir as expectativas de venda, polo que as perdas nos vindeiros anos (lucro cesante) tamén serían importantes. Agora mesmo a Xunta de Galicia, nos orzamentos do ano 2017, conta con partidas específicas para paliar os danos producidos por desastres naturais e catástrofes.

O grupo popular votou en contra da iniciativa de En Marea alegando que “era moi xenérica” deixando en evidencia que unicamente en época electoral o Partido Popular é cando “o Partido Popular semella ter interese en apoiar ao sector”. A deputada Paula Quinteiro lembrou que as demandas incluídas na iniciativa de En Marea non son “nada novidoso” xa que o Goberno galego xa impulsou unhas similares en 2016, así mesmo destacou que “é unicamente o que demandou o sector nas manifestacións de Ribadavia e Ourense deste mes”.