O PPdeG considera un “desprezo absoluto ao Parlamento” e non descarta esixir todas as medidas legais previstas, incluídas as penais, a falta de lealdade institucional do Concello de Vigo ante a Comisión de Investigación do Marisquiño

Publicado por o día 02/01/2019 na sección de Partido Popular,Política

O PPdeG considera un “desprezo absoluto ao Parlamento” e non descarta esixir todas as medidas legais previstas, incluídas as penais, a falta de lealdade institucional do Concello de Vigo ante a Comisión de Investigación do Marisquiño

O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos considerou hoxe un “desprezo absoluto ao Parlamento” e “unha falta de lealdade institucional” a negativa do Concello de Vigo a facilitar documentación á Comisión de Investigación do Marisquiño e a comunicalo a través da prensa.

“O Concello de Vigo elixiu un cauce non institucional como non debería ser nas relacións normalizadas entre dúas institucións galegas e non notificou ao Parlamento a súa decisión” indicou o deputado popular quen engadíu que “a Comisión continuará os seus traballos ao amparo dos informes dos letrados da Cámara”.

Alberto Pazos indicou que “defenderemos ata as súas últimas consecuencias a dignidade do Parlamento, a casa de todos os galegos, coas medidas legais que procedan, incluídas aquelas de carácter penal previstas”.

O deputado popular considera moi preocupante a “actitude obstrucionista do alcalde de Vigo que logo de meses dicindo que se cumpriron todas as obrigas legais se nega a dar conta no

Parlamento”. “Parece que non lle interesa que os vigueses coñezan toda a verdade ao respecto da actuación do Concello e é unha actitude que non se entende en alguén que manifesta que non ten nada que ocultar” indicou Alberto Pazos.