O PPdeG impulsa unha iniciativa no Parlamento con medidas dirixidas a reforzar a competitividade da flota de gran altura

O voceiro do Mar, Jose Manuel Balseiro, lamenta a obsesión da oposición por criminalizar este segmento de flota que xera entorno a 1.500 empregos directos e achega boa parte dos produtos que moven a cadea mar-industria
Publicado por o día 08/04/2016 na sección de Partido Popular,Política

O PPdeG impulsa unha iniciativa no Parlamento con medidas dirixidas a reforzar a competitividade da flota de gran altura

A proposta reclama, entre outras medidas, a igualdade de acceso aos rexistros especiais para o conxunto da flota que faena en augas internacionais, a revisión das políticas arancelarias para os toros de pescada conxelada, a derrogación do regulamento vixente sobre o cercenamento da aletas de tiburón e unha simplificación da norma da UE para certificar os fretes desde terceiros países.

O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, acompañado da presidenta dos populares de A Guarda, Conchi Ortega, presentaron esta mañá unha iniciativa parlamentaria na que se propón unha batería de medidas dirixidas a reforzar a competitividade dun sector esencial no ámbito marítimo como é a flota de gran altura.

A través desta iniciativa, o Grupo Popular reclama que se recoñeza a singularidade do conxunto das embarcacións que faenan en augas internacionais, entre as que, segundo os datos oficiais do rexistro de buques pesqueiros de Galicia, atopamos a flota do arrastre (3 bacaladeiros, 15 conxeladores e 15 NAFO), a flota de palangre de superficie (119 embarcacións) e o cerco atuneiro (con 3 embarcacións).

Ademais, solicítanse medidas ao Goberno central para facilitar a renovación das unidades operativas e o acceso do conxunto desta flota aos rexistros especiais e, en particular, a inclusión no Registro Especial de Empresas e Buques de Pesca Españoles que ofrece unha seria de vantaxes aos seus usuarios. Así mesmo, pídese que se derrogue a normativa comunitaria vixente en materia de finning, isto é, a que regula o cercenamento de aletas de tiburón a bordo dos buques; e que se corrixa a normativa comunitaria para aplicar unha nova política arancelaria aplicable aos continxentes de toros de pescada. Finalmente, desde o PPdeG se reclama a simplificación da aplicación da norma da UE para certificar os fretes desde terceiros países.

PRENSA PPdeG