Prado Surf celebra na Praia de Patos o Campionato Noveis Alumisel

Publicado por o día 24/08/2017 na sección de Deportes,Galicia,Nigrán

Prado Surf celebra na Praia de Patos o Campionato Noveis Alumisel

Concello de Nigrán e Prado Surf despiden mañá venres 25 de agosto a tempada estival co Campionato noveis Alumisel, que se desenvolverá durante todo o día na praia de Patos.

Trátase dun torneo aberto aos alumnos, no que poderán comprender as regras e particularidades da competición e contará con entrega de diplomas e premios para os participantes. Como é habitual nesta xornada, haberá música en directo e festa da espuma.