Prazas vacantes nos “enredos de verán” do Concello de Cangas

Publicado por o día 29/05/2017 na sección de Cangas,Galicia,Vigo

Prazas vacantes nos “enredos de verán” do Concello de Cangas

A posta a disposición das prazas vacantes do programa “Enredos de Verán” finalmente será do mércores 31 de maio ao venres 2 de xuño por rigorosa orde de inscrición, xa que o martes 30 de maio non haberá atención ao público na Casa da Xuventude por traballos de fumigación.

Para máis información e inscrición diríxase á Casa da Xuventude, Rúa Real 29, en horario de 9:00 a 14:00 horas, ou chame ao teléfono 986 392 171. O programa Enredos de Verán, dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos (grupo de 3-6 anos, grupo de 7-10 anos e grupo de 11-12 anos), desenvolverase do 26 de xuño a 25 de agosto en diferentes quendas: dous días (martes e xoves), tres días (luns, mércores e venres), semana, quincena ou mensual. O horario das actividades será de 9:00 a 14:00 horas e o horario do comedor 14:00 a 16:00 horas.

Actividades a desenvolver: talleres, xogos cooperativos, dinámicas de grupo, actividades náuticas (só quenda quincenal) e comedor.

Lugares onde se levará a cabo o programa: – CEIP Nazaret/IES Rodeira. – Colexio Sagrada Familia//CEIP Espiñeira-Aldán

O prezo varía entre: – Actividades de mañá: 5 €/día – Actividades de mañá + comedor: 9 €/día