Pre-Party con Batalla de Bandas e Sesión DJ no marco de Vibra Mahou Fest

A Gran Final da Batalla de Bandas Mahou-Estudos Mans será ás 20:00 horas e reunirá ás bandas finalistas Carolina Rubirosa, Moura, The Wonderminds, A May y Lau
Publicado por o día 15/10/2019 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

Pre-Party con Batalla de Bandas e Sesión DJ no marco de Vibra Mahou Fest

O próximo 25 de outubro terá lugar a Pre-Party Vibra Mahou Fest que se celebrará na Sala Island de Vigo. A partir das 20:00 horas dará comezo a Gran Final da Batalla de Bandas Mahou-Estudos Mans, á que se poderá acceder de maneira gratuíta ata completar aforo.

Carolina Rubirosa, Moura, The Wonderminds, A May y Lau son as cinco bandas que pasaron á final tras as súas actuacións no Festival da Luz e Atlantic Fest o pasado verán. Cada unha delas dispoñerá de 15 minutos para demostrar o seu talento e conseguir ser unha das dúas bandas seleccionadas polo xurado que poderá gravar en Estudos Mans e engadir ao seu calendario do 2020 máis dunha decena de actuacións remuneradas en festivais ou ciclos de concertos patrocinados ou promovidos por Mahou en Galicia e Asturias, compartindo escenario con coñecidas bandas nacionais. Esta iniciativa, forma parte da colaboración entre Mahou e a Fundación Paideia que ten como obxectivo impulsar o talento emerxente e o emprendemento.

Acto seguido, ás 22:00 horas, Carlangas DJ Set (Novidades Carminha) e Carlos Sadness DJ Set darán forma á Sesión DJ, picando os seus particulares estilos durante 75 minutos cada un. Para acceder a esta sesión será necesario presentar abono ou calquera entrada de Vibra Mahou Fest ata completar aforo.

Con este evento, Mahou segue demostrando o seu compromiso coa música e compartindo a paixón, a alma e a proximidade entre os artistas e o público.

Horarios de la Pre-Party Vibra Mahou Fest

· 20:00 horas. Gran Final Batalla de Bandas Mahou-Estudios Mans (acceso gratuito ata completar aforo).

· 22:00 horas. Sesión DJ (acceso con abono ou entrada Vibra Mahou Fest ata completar aforo).

Comentar noticia

Your email address will not be published.