Precintan a noria das festas de Bouzas

Por o 23/07/2019 | Sección: Galicia,Sucesos,Vigo
Precintan a noria das festas de Bouzas
Compartir en:

A madrugada do luns sendo as 01:15 horas a Polícia Local recibiu unha chamada sobre o sobre o funcionamento anómalo da noria instalada no recinto das festas de Bouzas.

Segundo parece, unha nena de 7 anos baixaba da cabina dun dos brazos da mesma, desprazándose esta lixeiramente coa porta aberta, o cal entrañaba risco para os usuarios.

Ao lugar desprazouse unha Unidade, que unha vez no punto, recibiu queixas de varias persoas pola situación relatada.

Entrevistados co responsable da atracción: D. S. H, nado en Xaén de 39 anos de idade, manifestou que esa situación debíase a unha descompensación do peso dos usuarios, presentando tanto o seguro de responsabilidade civil como o certificado de solidez de montaxes.

Agora ben, en aras a garantir a seguridade dos usuarios, instóuselle a que cesase a actividade, ao cal accedeu sen problemas.

Ao lugar desprazouse unha dotación de bombeiros que apoiou a decisión preventiva adoptada pola patrulla policial. Manifestando o titular da atracción que á primeira hora da xornada seguinte procedería ao desmonte da mesma, pois se desprazaba para instalala en Santiago de Compostela. Ante o cal a patrulla lle indicou que non debería proceder ao desmonte ata que técnicos municipais revisasen a instalación e o responsable técnico da montaxe emitise un informe explicativo das causas desta anomalía no seu funcionamento.

Comentar noticia

Your email address will not be published.