Preinscrición para o próximo curso das Escolas Municipais de Música e Artes

O Concello de Vigo convoca a preinscrición de novo alumnado para o vindeiro curso 2018-2019 nas súas Escolas Municipais. Os prazos establecidos para as novas solicitudes na presente convocatoria son os seguintes:
Publicado por o día 22/06/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Preinscrición para o próximo curso das Escolas Municipais de Música e Artes

PREINSCRIPCIÓN:

On line (www.emmavigo.org): do 25 de xuño ao 7 de setembro de 2018
Presencial (nas oficinas de cada escola): do 25 de xuño ao 31 de xullo e do 1 ao 7 de setembro.
Publicación listados solicitantes: 14 de setembro
Sorteos (no seu caso): 18 de setembro
Probas (no seu caso): do 17 ao 20 de setembro
Publicación listas de admitidos: 21 de setembro
Matrícula: do 24 ao 28 de setembro
Comezo do curso: 1 de outubro

ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE VIGO (EMMV)

De 4 a 7 anos:
Música e movemento
A partir de 8 anos:
Práctica instrumental: Violín, Viola, Violonchelo, Contrabaixo, Guitarra, Piano, Clarinete, Saxofón, Frauta, Trompeta, Trompa, Trombón, Tuba, Canto e Percusión. Dende os 14 anos, Música moderna (Guitarra eléctrica, Baixo eléctrico e Teclado).
Actividades en grupo
Máis información:
Escola municipal de música de Vigo: Camiño do Regueiro, 1 (36211 Vigo)
Teléfono: 986 410785
Horario de atención ao público: de 10,00h a 13,00h, de luns a venres (agosto pechado)
Correo electrónico: [email protected]
www.emmavigo.org

ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA FOLK E TRADICIONAL (E-TRAD)

De 4 a 7 anos:
Música e Movemento
A partir de 8 anos:
Práctica instrumental: Canto popular, Violín Folk, Gaita, Percusión, Zanfona, Requinta, Arpa céltica, Corda pulsada, Acordeón diatónico.
Actividades en grupo
Máis información:
Escola municipal de música tradicional e folk: Avenida de García Barbón, 5 (36201 Vigo)
Teléfono: 986 228088/7
Horario de atención ao público: de 11,00h a 14,00h, de luns a venres (agosto pechado)
Correo electrónico: [email protected]
www.emmavigo.org

ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO (EMT)

De 4 a 8 anos:
Dramatización
A partir dos 9 anos:
Interpretación: Itinerario Básico (a partir de 9 anos)
Interpretación: (de 12 a 15 anos). Itinerarios Básico, Medio e Avanzado
Interpretación: (a partir dos 16 anos). Itinerarios Básico, Medio e Avanzado
Itinerario Foragrup (a partir de 12 anos)
Máis información:
Escola municipal de teatro: Avenida de Castelao, 87-interior- (36209 Vigo)
Teléfono: 986 485324
Horario de atención ao público: de 10,00h a 13,00h, de luns a venres (xullo e setembro). De 17,00h a 20,30h, de luns a xoves e de 17,30h a 19,30h os venres (de outubro a xuño) (agosto pechado)
Correo electrónico: [email protected]
www.emmavigo.org

ESCOLA MUNICIPAL DE DANZA (EMD)

De 4 a 7 anos:
Música e movemento
De 8 a 64 anos:
Danza tradicional galega
Percusión tradicional
A partir dos 16 anos:
Danza moderna
Canto popular
A partir dos 65 anos:
Danza e percusión tradicional para a terceira idade
Máis información:
Escola municipal de danza: Praza do Rei 1, soto 1º (36202 Vigo)
Teléfono: 986 810167
Horario de atención ao público: de 11,00 h a 13,00 h, de luns a venres (agosto pechado)
Correo electrónico: [email protected]
www.emmavigo.org

ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES E OFICIOS (EMAO)

A partir dos 16 anos:
Debuxo artístico, Pintura, Artesanía en coiro, Cerámica artística, Encadernación, Deseño e encaixe de palillos, Talla e escultura en madeira, Moda e confección, Ourivaría, Serigrafía artística e Construción artesanal de instrumentos musicais (CAIM: Gaita, Luthería antiga e Zanfona)
Máis información:
Escola municipal de artes e oficios: Avda. García Barbón, 5 (36201 Vigo)
Teléfono: 986 228087/88
Horario de atención ao público: de 10,00 h a 14,00 h, de luns a venres (agosto pechado)
Correo electrónico: [email protected]
www.emmavigo.org