Premio mellor tema musical portugues a Salvador Sobral na gala ARI[T]MAR

Publicado por o día 01/11/2018 na sección de Cultura

Premio mellor tema musical portugues a Salvador Sobral na gala ARI[T]MAR

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, foi o encargado de entregarlle esta tarde o premio de Mellor Tema Musical Portugués a Salvador Sobral no marco da gala aRi[t]mar, evento no que se entregan os premios da música e da poesía galega e portuguesa. Tamén recolleron o seu galardón os poetas Lois Pérez e Alexandre Brea, a formación galega A Banda da Loba e a formación musical Canto D’Aquí. Cómpre lembrar que a gala forma parte do proxecto cultural homónimo que impulsan as consellerías de Educación –por medio da Escola Oficial de Idiomas (EOI) de Santiago– e de Cultura e Turismo, e que constitúe unha das accións coas que a Xunta de Galicia desenvolve a Lei 1/2014, do 24 de marzo, para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía.

Fotografías da gala