Premios Ernestina Otero Sestelo 2018: xa hai gañadores

“Contos de mulleres. Como son elas na vida real?” do CEIP San Martiño, primeiro premio en Educación Infantil e Primaria

Os Premios Ernestina Otero 2018 -orientados por vez primeira á Educación Infantil, Primaria e Secundaria- xa teñen gañadores. O xurado decidiu outorgar os seguintes galardóns:

– Categoría A. Educación Infantil e Primaria

  • 1º Premio. “Contos de mulleres. Como son elas na vida real?” do CEIP San Martiño de Salcedo.

O xurado valorou: o traballar a perspectiva de xénero nas aulas de infantil a través dos contos, analizando os distintos roles e características de protagonistas femininas e masculinos, fomentando o espírito crítico ante os estereotipos de xénero e por aplicar o método científico en alumnado de 5 anos

  • 2º Premio. “Mulleres que contan: historias de mulleres que non son de conto pero que son de contar”do CEIP San Martiño de Salcedo

O xurado valorou: o traballo feito por mobilizar a toda a comunidade educativa, especialmente ás familias, na recuperación e visibilización das aportacións das mulleres en todos os ámbitos empregando unha metodoloxía activa, interdisciplinaria e de traballo cooperativo.

-Catergoría B. Educación Secundaria en post obrigatoria non universitaria

1º Premio. “NEOFEM Luis Seoane” do IES Luís Seoane de Monte Porreiro

O xurado valorou: que é un proxecto que abrangue unha ampla variedade das actividades rea lizadas por iniciativa do propio alumnado, ter conseguido asentarse como unha organización permanente cunha presenza continuada na vida do centro ao longo do curso e proxectarse aos cursos seguintes, pola visibilización de formas de violencia e discriminación que estaban normalizadas dentro das propias aulas, a labor de concienciación e educación realizada dentro da comunidade educativa e a difusión do proxecto a través das redes sociais

  • 2º Premio. “Táboa periódica de mulleres. Menudas elementas” do IES Torrente Ballester

O xurado valorou: a implicación e participación activa de todo o alumnado e profesorado da ESO, de todos os cursos e materias, por dar a coñecer a aquelas mulleres que contribuíron nos distintos ámbitos do coñecemento e das artes, por concienciar da presencia das mulleres como elemento transformador da sociedade de calquera época ou tempo, rompendo con estereotipos sexistas e valorando as achegas das mulleres, pola difusión pública do proxecto a través das redes sociais e a orixinalidade do produto educativo final,

  • Accésit. “Elas pintan na arte” do IES Frei Martín Sarmiento”

O xurado valorou: o traballo de rescatar e dar a coñecer as mulleres creadoras que tradicionalmente foron invisibilizadas nun sector tan masculinizado como o artístico, a variedade das actividades realizadas e pola permanencia do proxecto ao longo do curso e a súa proxección de continuidade en varios cursos académicos seguidos.

Os Premios Ernestina Otero Sestelo están promovidos pola Concellería de Igualdade que dirixe Carme Fouces. Até o de agora, estes premios estaban pensados para proxectos universitarios de fin de máster e de grao, pero o pasado ano tiveron que quedar desertos ante a baixa calidade dos estudos presentados. Fronte a esta realidade a Concellaría acordou reformular o premio e abrilo só a traballos de infantil a secundaria co propósito de poder financialos e impulsalos.

A reformulación foi comentada no seu momento coa familia de Ernestina Otero, co seu neto, Manuel Puga, quen acolleu moi en o novo escenario dado que Ernestina Otero era mestra.

En resume os Ernestina Otero quedaron reorientados a recoñecer e valorar aqueles proxectos educativos innovadores e relevantes en canto á incorporación da perspectiva de xénero, e que supoñan un exemplo de boas prácticas e modelo para futuras iniciativas educativas en materia de igualdade de oportunidades.

ACTA XURADO

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM