Preocupación do Círculo de empresarios de Galicia ante novas suspensións de voos en Peinador

Círculo de Empresarios de Galicia veu mostrar no día de hoxe a súa máxima preocupación ante a nova suspensión de voos no aeroporto de Peinador. Aínda comprendendo que, en principio, é unha medida conxuntural, derivada da crise sanitaria, a noticia non pode senón ser cualificada como moi negativa, por canto vén sumarse a outras anulacións, que dificultan a mobilidade dos empresarios da área metropolitana.

Neste sentido, cabe lembrar o sucedido co voo de París, cuxo aeroporto funcionaba como un auténtico hub para a área de Vigo.

Vigo perde así novamente posicións na clasificación aeroportuaria español, coas consecuencias que isto pode supoñer á hora de tentar atraer investimentos empresariais ou talento do exterior. Peinador foi o ano pasado o aeroporto galego que perdeu máis pasaxeiros e onde máis se reduciu o número de operacións. Moi lonxe xa das cifras alcazadas na primeira década deste século, cando Peinador superaba o millón de pasaxeiros, a caída do ano pasado cifrouse nun máis dun 70 %, contabilizándose 282.264 viaxeiros (entre xaneiro e novembro, segundo datos de AENA) . Unha caída que se engade á rexistrada en 2019 (un 10 %). No ámbito empresarial inquieta esa posible tendencia á baixa, aínda comprendendo que o movemento de 2020 e previsiblemente de 2021 estarán condicionados pola pandemia.

Movemento pasaxeiros Xaneiro-novembro 2020

 

Nado en Vigo hai 38 anos. Fotógrafo, activista defensor dos dereitos humanos e ambientais. Buscando que se recoñeza e respecte os patrimonios da cidade de Vigo.

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (0)
Publicar comentario