Presentación de cartaz da XVI Noite da Lúa Meiga, 16 años de camiño na cultura musical tradicional

Publicado por o día 24/08/2017 na sección de Cultura,Eventos,Galicia,Vigo

Presentación de cartaz da XVI Noite da Lúa Meiga, 16 años de camiño na cultura musical tradicional

Un ano máis o Colectivo Lúa Meiga, xunto á Sociedade Cultural do Viso, organiza o festival Noite da Lúa Meiga, que celebra o seu 16º aniversario. Este ano a cita terá lugar o sábado 26 de agosto.

Localización

Un ano máis o festival levarase a cabo no Miradoiro do Monte Outeiro Grande, enclave único na bisbarra dende onde se divisa toda a Enseada de San Simón e a Ría de Vigo, vistas indescritibles. O festival Noite da Lúa Meiga une así a mellor música tradicional co mellor enclave natural e paisaxístico.

O programa

O sábado 26 prográmase unha xornada de actividade continuada para todo tipo de públicos e idades.

Ás 10:00h da mañá realizarase a concentración de chimpíns decorados no Torreiro da Gándara xunto ao campo de fútbol e así proceder de seguido co roteiro de Meighachimpíns ata o Miradoiro do monte Outeiro Grande acompañados sempre da mellor música tradicional. A continuación haberá xantar popular. Alí teremos postos de polbeira e petiscos varios.

Xa pola tarde poderase participar de diversos xogos tradicionais, e da programación enfocada aos máis cativos, coa participación do pallaso e humorista PETER PUNK e do gran home orquestra CE ORQUESTRA PANTASMA.

E de seguido, darémoslle paso xa a gran noite. Comezarán os concertos a iso das 20h e este ano contaremos con Isabel Risco e Marián Bañobre representando a súa obra “O Furancho”, SONS DA MINA, VOLTA E DÁLLE, OS MELIDAOS E ZURRUMALLA.

Un ano máis a organización presenta un programa 100% galego e en galego, reivindicando a nosa cultura, a nosa música e o noso idioma. Un programa para todos os públicos, sobre todo para todas e todos aqueles que valoran a música galega máis tradicional e achegada ao pobo.

Colaboracións e patrocíneo

A Noite da Lúa Meiga non quere deixar pasar a oportunidade para dar as grazas a todos os negocios locais da comarca que patrocinan o festival e a [email protected] @s colaboradores e veciñ@s que coas súas achegas fan posible levar a cabo un ano máis este festival. Tamén á Comunidade de Montes do Viso, ao Concello de Redondela e á Deputación de Pontevedra.

Toda a información relativa ao programa poderase consultar na web www.noitedaluameiga.org