Presentación da campaña contra a reforma das pensións de Esquerda Unida

Publicado por o día 21/11/2013 na sección de Esquerda Unida,Política

Presentación da campaña contra a reforma das pensións de Esquerda Unida

 Eva Solla Fernández, deputada de Alternativa Galega de Esquerda e José Cuevas Raposo, coordinador comarcal de Esquerda Unida en Vigo presentaron hoxe a campaña de Esquerda Unida contra a REFORMA DAS PENSIÓNS.

  Eva Solla explicou que a reforma das pensións que pretende levar a cabo o goberno ten como obxectivo privatización destas, para aumentar o negocio do sector privado en detrimento do público, ao igual que está a ocorrer coa sanidade e todos os dereitos sociais conquistados durante decadas.

  José Cuevas explicou que o sistema público de pensións esta a sufrir un ataque sistemático por parte da TROIKA, o capital financeiro e as polítcas neoliberais, das que son alumnos aventallados os gobernos do Partido Popular.

  Nesa campaña de manipulación o goberno non dubida en empregar argumentos sesgados como o do aumento da esperanza de vida ou a suposta insostibilidade do sistema de pensións que ven sendo anunciada desde o ano 1993, sen que en ningún momento ocorrise a quebra a sistema.

 Para contrarrestar todo isto, Esquerda Unida ven de anunciar unha campaña didactica na que explicará os verdadeiros obxectivos desta reforma. Esta campaña informativa vai a consistir na realización de mais 20 actos informativos por todo o sul da provincia de Pontevedra, así como o reparto de milleiros de dipticos informativos.

 Por último, José Cuevas resumiu dicindo que o sistema público de pensións e sostible, pola contra o que non é sostible os niveis de paro e fraude que está a soportar a sociedade, polo que chama a cidadanía a participar activamente nas mobilizacións, convocadas polas distitas centrais sindicais contra o “pensionzo”.

Prensa Esquerda Unida Vigo