– O pasado Luns 4 de Maio presentouse a candidatura de EU-SON PORRIÑO na rúa peatonal do Porriño.
Foi un acto no que, pese ao mal tempo, acudiron moitos veciños e veciños do Porriño, mostrando o seu apoio a unha candidatura que desperta esperanzas dun cambio real do xeito de facer política no Concello. No acto, presentado por Victoria Cardoso (nº 5 da lista), interviron:
– Rubén Pérez, Secretario de Organización de Esquerda Unida e nº 1 da Marea de Vigo, o cal salientou a importancia de ter conquerido no Porriño unha candidatura de Converxencia con persoas procedentes de diferentes posicións políticas de esquerda: nacionalismo, esquerda rupturista, movementos sociais, sindicalismo ou ecoloxismo. sen esquercer a persoas independentes que dan este paso necesario de rexeneración democrática nun concello con moito retraso na súa democratización.
– Pedro Ocampo, Coordinador de Esquerda Unida de O Porriño e nº 2 na lista. O cal presentou a candidatura ao completo e suliñou o seu carácter plural e comprometido dos y das candidatas coas políticas necesarias de esquerda.
– Ricardo Canosa, nº 1 da lista, que incidiu nas liñas rectoras da política que defenderá esta candidatura: transparencia, democratización, participación, economía so servizo das persoas e compromiso ético dos/as candidatos/as.
O acto de inicio de campaña de ESQUERDA UNIDA-SON PORRIÑO terá lugar na AA.VV. ALBA de TORNEIROS o 8 de Maio as 20:00h. Intervendrán JUAN FAJARDO ( Deputado de AGE no Parlamento galego); RICARDO CANOSA (nº 1 de EU-SON PORRIÑO); PEDRO OCAMPO (nº 2 de EU-SON PORRIÑO); VICTORIA CARDOSO (nº5 de EU-SON PORRIÑO).
PRENSA ESQUERDA UNIDA PORRIÑO
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.