Presentación da candidatura Recortes Cero-Grupo Verde en Vigo

Por o 02/06/2016 | Sección: Política,Recortes Cero
Presentación da candidatura Recortes Cero-Grupo Verde en Vigo

A coalición Recortes Cero – Grupo Verde presentou esta tarde a candidatura coa que concorre ao 26J en galicia nunha rolda de prensa que serve de saída aos actos que se iran celebrando na campaña electoral.

Desta maneira entra en campaña “a quinta candidatura cunha alternativa nacional”, tal e como afirmou Pastora Fernández, primeira candidata pola provincia de Pontevedra. “Chegou o momento de que entre no Parlamento xente que defenda que hai que redistribuír a riqueza”, na presentación do acto.

Recortes Cero-Grupo Verde conta con mulleres como cabezas de lista no 50% das circunscricións, e con personalidades que concorren como candidatos nas súas listas, como o pintor Antonio López, os actores Manuel Galiana ou José Antonio Lobato, o director de teatro Jorge Eines, o director de cinema Jordi Grau ou o teólogo Benjamín Forcano.

Pastora Fernández iniciou a súa intervención facendo referencia á condición de investigados de Chaves e Griñán que ocupa hoxe os informativos, e denunciando que “só se fála do roubo ilegal, pero non do legal”. Segundo Suárez “é legal que unha SICAV pague o 1% de impostos e un autónomo o 20%, é legal dar diñeiro a un banco a fondo perdido e legal que un monopolio pague un 3,5% en impostos. A corrupción róubanos centos de miles de euros, o roubo legal róubanos centos de miles de millóns de euros”.

Recortes Cero-Grupo Verde basea o seu programa en “redistribuír a riqueza” para “construír outro modelo de desenvolvemento e de país”. A principal aposta da coalición é a elevación dos salarios e pensións, con mínimos e máximos salariais e subindo os impostos “non ás empresas senón a bancos, multinacionais e monopolios”. Segundo explicaron durante a rolda de prensa, “isto non só contribuiría a aumentar o nivel de vida da poboación, tamén supoñería un impulso ao consumo interno, que é o principal motor de desenvolvemento”.

Por outra banda, Pastora Fernández que xa se presentou como cabeza de lista nas pasadas eleccións, insistiu en que o obxectivo da súa alternativa é “cambiar o modelo produtivo, multiplicando a capacidade de crear riqueza da economía española, crebando a nosa dependencia do exterior”. Entre as súas propostas destacan a creación de “unha gran banca pública coas caixas e bancos rescatados con diñeiro público que libere os recursos suficientes para reconstruír o tecido produtivo, acabar co paro, dar crédito a pemes e autónomos e romper coa dependencia do capital estranxeiro”. “Só así acabaremos co empobrecimiento que sufrimos e abriremos unha nova etapa de prosperidade para o país”, concluíu Pastora.

O acto continuou coa intervención de Sara Puga, primeira candidata por Coruña, que presentou o compromiso de Recortes Cero-Grupo Verde coa esixencia do cumprimento do resultado do Referendo da OTAN, do que recentemente se celebrou o 30 aniversario. Sara Puga, lembrou na súa intervención que en 1986 se aprobou a integración de España na OTAN, pero con tres condiciones que se incumpriron: a non incorporación á estrucxtura militar, a retirada das bases norteamericanas, e a prohibición de armamento nuclear en chan español.

Tamén interveu Sergio Perez primeiro candidato dos Verdes-Grupo Verde por Ourense presentando o seu decálogo verde para unha nova política ecolóxica, e Lola López Melendez, que pechou o acto chamando a apoiar a Recortes Cero-Grupo Verde para que “as medidas e a cultura de redistribuír a riqueza entre no Parlamento”.