Presentación da editorial Baphala

O Centro de Documentación e Recursos Feministas acolle a presentación da Editorial Baphala; unha editorial para descubrir as mellores obras da literatura poscolonial LGTB, con Mariana Jorge Lozano (editora). Martes, 26 de xuño de 2018 ás 19.00 horas na 2ª planta da Biblioteca pública “Juan Compañel”
Publicado por o día 26/06/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Presentación da editorial Baphala

Conmemoramos o Día Internacional do Orgullo LTBT (28 de xuño) coa presentación da editorial Baphala. En Baphala Edicións seleccionan, traducen e editan o mellor da literatura LGTBQIA poscolonial, principalmente de África e Asia, para descubrirnos obras que doutro xeito dificilmente serían publicadas no noso país.

Por outra banda, ata o 29 de xuño poderase visitar a “VI exposición colectiva da Casa das Mulleres”. Nesta exposición participan un total de 20 mulleres, algunhas delas, alumnas dos obradoiros de “Zentangle” e “Pintura e xénero”, organizados pola Concellería de Igualdade.

Alumnas de @Berta A. Cáccamo queren rendirlle o seu particular homenaxe cunha parte da mostra dedicada a ela.
Lugar: Casa das Mulleres. r/Romil,20
Horario: de luns a venres de 17:30 a 21:30h