Presentación da Guía de Axudas Sociais en Nigrán

Comunicado ODS Coia
Por o 16/11/2016 | Sección: ODS Coia,Social,Vigo
Presentación da Guía de Axudas Sociais en Nigrán

O vindeiro venres 18 de novembro presentamos a Guía de Axudas Sociais. Información ao servizo das persoas! en Nigrán.

Será no local da A.V.S.C. A Unión de San Pedro – Nigrán (r/Manuel Lemos 88- Nigrán) a partires das 19:30, nun acto ao que acudimos convidadas polas compañeiras de Comando Ghichas, colectivo de acción e concienciación social no Val Miñor.

No acto presentaremos a Guía de Axudas Sociais que botamos ás rúas en outubro do pasado ano coa vontade de termos unha ferramenta máis para transformar a sociedade.