¿Que é Vigo en Común e que pretende?
OBXETIVOS EN TRES EIXOS:
1 – Iniciar e impulsar unha alternativa cidadá(candidatura cidadá) co obxetivo de recuperar o concello para a cidadanía.
2 – Construir a alternativa dende o orixe, os barrios, as asociación veciñais e colectivos sociais, implicando as persoas na elaboración e planificación dun programa municipal.
3 – Elaborar unha proposta programática de x puntos común mínimos abordando as necesidades da maioria.Puntos ou propostas claras,posibles e de aplicación inmediata tendo en conta que un programa e moito máis que unha lista de desexos.
No momento histórico que vivimos, coa crise do bipartidismo, a corrupción política a todos os niveis, os recortes sociais e de servizos públicos, é o momento de decir basta e rachar co actual sistema de gobernó. Para iso é indispensable mudar a democracia repesentativa e de delegación de voto por unha democracia participativa dende o inicio,no que as persoas sexán os suxeito políticos na toma de decisións a tódolos niveis.
Chegou o intre no que, as que coincidimos nas rúas en concentracións, protestas, manifestacións, en resumo: Persoas de diferente procedencia ,nos sintamos ligadas a algo máis que o inconformismo e a acción cívica dispersa que, máis aló do plano visual, non conquire nalgúns casos o obxetivo das diferentes reivindicacións. Faise preciso e urxente, superar as diferenzas e unificar loitas baixo un mesmo criterio.
Nas diferentes loitas, cada organización,colectivo,barrio,persoas,temos propostas,programas e discurso.A cuestión está en que todos eles se sumen baixo un mesmo común que para nada suprima o de cada un ,se non que os agrome.
Un programa de puntos mínimos no que a cidadanía comece a recoñecer unha proposta capaz de aglutinar e coa que se sinta identificada.Unha proposta de mínimos, aberta, plural, participativa, iniciada por unhas poucas e construida por todas coas diferentes aportacións.
Mudar o sistema supón,tamén, mudar a dinámica e as prácticas da democracia representativa pola participativa e levar adiante unha nova cultura política na que, a cidadanía emponderada sexa o suxeito político e tome o concello facendo deste un “parlamento aberto”.
Por outra banda está a cuestión ideolóxica ou partidaria que limita a participación das persoas o estar condicionada esta a ideoloxía das organizacións políticas.Algo importante a ter en conta,atendendo a diversidade das persoas,se o que se pretende e agromar esa pluralidade e fomentar a participación da cidadanía descontenta ou que non participa nos procesos electorais o non sentirse representada.
Isto non é decir “os partidos non valen”,se non todo o contrario.Nun proceso de mestizaxe,é un xeito de participación directa atendendo a esa diversidade e atomización uníndoa baixo un proxecto común construido dende e pola cidadanía.
En calquer caso trátase de “mover os marcos” e apostar por un proceso de acumulación de forzas cívicas e políticas,o mesmo nivel,xerando sinerxias de traballo.
PRENSA VIGO EN COMÚN
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.