Presentación da xornada de “formación de soporte vital básico”

Publicado por o día 15/02/2018 na sección de Galicia,Salud,Sanidad

Presentación da xornada de “formación de soporte vital básico”

O Concello de Ribadumia informa que D. David Castro, alcalde do Concello de Ribadumia, presentou hoxe no Salón de Plenos a II Xornada de reanimación cardiopulmonar (RCP) e utilización do desfibrilador semiautomático (DESA), que se celebrará no Local Social do CD Ribadumia o próximo martes día 20 de febreiro as 18:30 horas.

A xornada será impartida por instructores expertos na materia e está organizada polo CD Ribadumia en colaboración do Concello de Ribadumia.

Na presentación ademais do alcalde estiveron presentes, Juan Campos e Eugenio Poses,  sanitarios do Hospital do Salnés, Luis González – Redondo e Javier Serantes coordinador dos equipos base do CD Ribadumia.

“Nos últimos protocolos de reanimación cardiopulmonar insistese moito na importancia de dar a coñecer a cadea de supervivencia, é decir, en formar a población para que active o sistema de emerxencias, realice de xeito precoz unha RCP de calidade, e, si é posible, teña acceso e empregue si e preciso un desfibrilador semiautomático”.

Esta formación está dirixida a instructores e monitores de entidades deportivas do Concello de Ribadumia.