Presentación do C.B. Seis do Nadal – Coia este sábado en Navia

O Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia organiza, como cada ano nesta primeira parte da campaña, a Presentación Oficial da tempada 2016/2017.
Publicado por o día 07/12/2016 na sección de Baloncesto,Deportes,Vigo

Presentación do C.B. Seis do Nadal – Coia este sábado en Navia

Nesta presentación oficial o club presentará a tódolos seus equipos federados e a tódalas escolas deportivas, reunindo deste xeito a preto de 700 deportistas, aos que se lle suman os máis de 30 monitores e adestradores que conforman o corpo técnico da entidade.

A celebración da Presentación Oficial 2016/2017 terá lugar o próximo sábado día 10 de decembro do 2016 no Pavillón de Navia, nun acto renovado e diferente con respecto ás pasadas campañas, e terá lugar xusto ao finalizar o encontro de Liga EBA que disputará o noso combinado ás 18:30 horas fronte o Instituto Rosalía de Castro (Santiago de Compostela).

No acto se presentarán aos 24 equipos federados, ao grupo de Baloncesto para Adultos, ás 10 escolas deportivase ao corpo técnico do club que compoñen a estrutura actual da entidade e se realizará a foto de grupo que de seguro reflexará o continuo crecemento da nosa entidade ano tras ano.

Ademais presentarase oficialmente a tempada 2016/2017 do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia a tódolos medios de comunicación e a toda a familia do deporte da canastra e da cidade de Vigo.

presentacionoficialcbcseisdonadal2015-2016_01r

Desde tódolas seccións do Club Baloncesto Seis do Nadal invitamos a tódolos interesados a asistir a este acto e poder descubrir o elevado número de deportistas, familiares, amigos e amigas que forman parte do club. Agardámosvos a todos/as!