Presentación do libro “La fuerza de nuestros ríos” do trivés José María Pérez López

Publicado por o día 22/03/2019 na sección de Cultura,Galicia,Trives

Presentación do libro “La fuerza de nuestros ríos” do trivés José María Pérez López

Este sábado, 23 de marzo, preséntase na Pobra de Trives o libro “LA FUERZA DE NUESTROS RÍOS. Una historia de Viana, Porto, A Veiga y la energía hidroeléctrica.”

Unha obra escrita polo enxeñeiro trivés e profesor no IES de Viana, José María Pérez López, que nos conta desde a construción de varios saltos ata como foi a vida cultural nos anos 60 neses pobos. Unha historia na que
tamén se reflexa a importancia económica ou enerxética que supuxeron estas construcións para a zona.

A cita para este acto é o vindeiro sábado, 23 de marzo, ás 19h. No Auditorio Julio Vázquez (Casa da Cultura), onde o propio autor nos dará a coñecer a súa obra desde o punto de vista dun namorado da terra que ademais
traballa nela.

Comentar noticia

Your email address will not be published.