PRESENTACIÓN DO LIBRO: “Mujeres matemáticas, las grandes desconocidas” de Amelia Verdejo Rodríguez

O Concello de Vigo programa a presentación do libro “Mujeres matemáticas, las grandes desconocidas” de Amelia Verdejo Rodríguez (Universidade de Vigo, 2017). Será o xoves 15 de febreiro ás 19 horas no Centro de Documentación e Recursos Feministas. Presenta á autora: Coral del Río Otero (Catedrática de Economía Aplicada da Universidade de Vigo)
Por o 13/02/2018 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
PRESENTACIÓN DO LIBRO: “Mujeres matemáticas, las grandes desconocidas” de Amelia Verdejo Rodríguez

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o 11 de febreiro como o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

Esta data ten como finalidade lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e as nenas.

Conmemoramos este día coa presentación do libro de Amelia Verdejo, que pretende visibilizar e reivindicar algunhas das grandes matemáticas que existiron ao longo da historia, desde os inicios da
propia ciencia. Achegar modelos de mulleres matemáticas, que poidan ser utilizados nas aulas de todos os niveis do ensino, é o seu obxectivo central.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.