Presentación do libro “Poemas galegos ao Che”

Martes 20 de Marzo ás 19:30h, no local da A.V. de Teis
Publicado por o día 19/03/2018 na sección de A.V. Teis,Eventos,Social

Presentación do libro “Poemas galegos ao Che”

A Asociación Veciñal de Teis e a Asociación de Amizade Galego-Cubana “ Francisco Villamil”, organizamos a presentación do libro “ Poemas Galegos ao Che”, este martes 20 de marzo ás 19:30 horas, no local social da Asociación.

A edición deste libro coincidiu o pasado ano co 50 aniversario do asasinato de Ernesto Che Guevara, en Bolivia. Este libro editado pola Asociación de Amizade Galego-Cubana “ Francisco Villamil” e Agabo, recolle unha escolma de textos que homenaxean a figura de Ernesto Che Guevara. Os poemas son de   Celso Emilio Ferreiro, Anisia Miranda, Xosé Neira Vilas, Uxío Novoneyra, Manuel María, Eliseo Diego, Salvador García Bodaño, Xosé Luis Méndez Ferrín, Farruco Sesto Novás, Pepe Caccamo, Luz Fandiño, Anxo Angueira, Marta Dacosta e Manolo Pipas.