Presentación do libro solidario Elefantes de papel en Cangas do Morrazo

Por o 15/06/2018 | Sección: Cangas,Cultura,Galicia
Presentación do libro solidario Elefantes de papel en Cangas do Morrazo

O sábado 16 de xuño ás 20.30h o libro solidario Elefantes de papel visitará o bar A Checa en Cangas do Morrazo, esta vez a favor da Protectora de animais do Morrazo e Conrazones de A Guarda.

Os Elefantiños están a piques de rematar este periplo que comezou a principios de xaneiro e leva xa na mochila un total de 49 das 52 presentacións que se propuxeron levar a cabo.

Coma sempre, doarán un euro por libro vendido a asociación Conrazones e outro, neste caso á Protectora de animais do Morrazo

Elefantes de papel nace coa idea de chegar a todo o mundo e por iso, os seus autores puxéronse en contacto coa ONCE para pasalo a Braille. A maiores das presentacións visitan centros da terceira idade, de saúde mental, etc. onde implican aos usuarios na teatralización dalgúns dos relatos previamente adaptados.

Da mesma maneira organizan charlas e debates en centros de Educación Primaria e Secundaria para concienciar ás novas xeracións sobre a importancia de axudarnos, de ser solidarios.

A finais de xuño remata esta aventura e con ela, a venda do libro, pero cos cartos recadados comezarán outro proxecto solidario que prometen anunciar na súa páxina de Facebook.

Comentar noticia

Your email address will not be published.