Presentación do trofeo atletismo en pista

Por o 16/05/2018 | Sección: Atletismo,Cangas,Deportes,Galicia
Presentación do trofeo atletismo en pista

A XVI edicación do Trofeo de Atletismo en Pista celebrarase este xoves, día 17 de maio, no Estadio Municipal de Cangas. O seu horario transcorrerá desde as 09:45 horas ás 13:30 horas e contará cunha alta participación de atletas, situándose os competidores en 270.

Os deportistas, que se achegarán desde diferentes puntos da xeografía galega, pertencen ás categorías sub 10, sub 12, sub 14, sub 16, sub 18, sub 20, sub 23, sénior e máster (masculina e feminina).

Este evento deportivo presentouse no día de onte na Casa da Xuventude. Un acto que contou coa presenza do concelleiro de Ensino e Deporte, Xoán C. Chillón, da presidenta do Club Atletismo Vila de Cangas, María Carmen Parada, e da Vicesecretaria do mesmo ente, Teresa Fernández.

A competición está organizada polo Club Atletismo Vila de Cangas, supervisidada pola Federación Galega de Atletismo e conta co patrocinio da Concellaría de Deporte de Cangas.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.