Presentación en Vigo de “A araña que lles tiña medo ás arañas” de Ramón D. Veiga

Publicado por o día 22/10/2019 na sección de Cultura,Eventos,Galicia,Vigo

Presentación en Vigo de “A araña que lles tiña medo ás arañas” de Ramón D. Veiga

O venres 25 de outubro de 2019, ás 18:30 horas, na librería Libros para soñar, rúa Triunfo 1, no Casco Vello de Vigo, terá lugar a presentación e sinatura ilustrada de A araña que lles tiña medo ás arañas de Ramón D. Veiga con ilustracións de Iván R.

Ramón D. Veiga (Ferrol, 1970) é licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade da Coruña. Dende o ano 1996 traballa no eido da edición, que compaxina coa colaboración en diferentes blogs, entre eles, “Se o vello Sinbad tivese fillos” (sinbad.prazapublica.com/), sobre maternidade e paternidade. Ten publicados os álbums “Violeta quere ser vampiro. Un conto do Samaín” (Xerais, 2017), “É tempo de Entroido!” (Xerais 2018) e “A araña que lles tiña medo ás arañas” (Xerais, 2019).

No acto participarán Iván R., Ramón D. Veiga e Antela Cid.

Comentar noticia

Your email address will not be published.